Viveiro, 13 de marzo de 2025. O IES María Sarmiento de Viveiro acolle a mostra “Galegoza. A canción en galego”, impulsada pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo para dar a co... Ler máis
Lugo, 15 de abril de 2024. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo achegará o proceso creativo da banda ilustrada aos centros educativos co ciclo “A aventura de ilustrar”, da man de Primitiv... Ler máis
O titular do Mar visita aos alumnos que se forman no IES María Sarmiento de Viveiro Viveiro, 16 de outubro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, destacou a importancia da Formació... Ler máis
O 85% dos participantes amosou a súa satisfacción coa actividade organizada pola Delegación de Muller e o Centro de Información ás Mulleres Viveiro, 16 de maio de 2023. O Concello de Viveiro... Ler máis
Viveiro, 17 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro recibiu hoxe a un grupo de profesores e alumnos que estarán no municipio ata o domingo, dentro dun programa Erasmus no que participa o I... Ler máis
Viveiro, 24 de abril, 2022. No IES María Sarmiento, estase realizando un proxecto en colaboración coa Deputación de Lugo, a Concellería de Educación e Turismo do concello de Viveiro, a Asoci... Ler máis
Viveiro, 13 de marzo, 2021. Este curso está a ser todo un reto para alumnado e profesorado. No IES María Sarmiento propuxéronse non quedar atrás ante os novos cambios que viñeron para instau... Ler máis


















Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
Foron os propios implicados quen contactaron co 112 Galicia pasada a medianoite deste domingo. O vehículo no que viaxaban saíuse da vía na LU-132, en Cabarcos, Barreiros. A posición na que quedou o coche, inclinado sobre un terraplén, complicou o acceso dos profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, por iso, os xestores do Centro Integrado de Artención ás Emerxencias de Galicia avisaron aos Bombeiros de Barreiros. Finalmente, só tiveron que rescatar a un dos dous ocupantes, o copiloto, e, para iso, tiveron que cortar os asentos. Do mesmo xeito, o equipo médico só trasladou a unha persoa.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.
Villares subliñou o éxito de convocatoria do evento, que reúne cada ano a numerosos participantes e afeccionados en Ribadeo, “aproveitando o atractivo da ría e do seu porto deportivo para atraer visitantes e complementar co deporte a súa ampla oferta de natureza, patrimonio e gastronomía”. A presente edición estivo dedicada á figura de Leopoldo Calvo-Sotelo, con motivo do centenario do nacemento do que fora presidente do Goberno e alcalde honorario do municipio. Ademais das regatas de vela en distintas categorías, celebráronse bautizos de buceo, charlas ou un concurso de pesca, entre outras actividades.
Na xuntanza preténdese analizar a execución das obras, o comportamento da empresa responsable, a problemática dos accesos durante as Festas de Xunqueira e solicitar ao Concello de Viveiro que faga público o proxecto definitivo.
A marcha partirá ás 12:30 horas diante do Concello, percorrerá as rúas peonís do centro e rematará novamente na casa consistorial, onde se lerá un manifesto. A plataforma chama a mobilizarse cunha mensaxe clara: cada bomba destrúe vidas e cada silencio convértenos en cómplices. Defenden que é o momento de saír á rúa para esixir o fin da violencia, o respecto aos dereitos humanos e a liberdade do pobo palestino, lembrando que a presenza das persoas manifestantes é a voz de quen hoxe non pode falar. A convocatoria péchase cun triplo chamamento: non á guerra, non ao silencio e non á indiferenza.



