Antonio Ameijide pon como exemplo do abandono de Tomé nas centros de atención a maiores a situación da residencia comarcal de Becerreá, unha infraestrutura rematada hai máis de dous anos e que aínda está sen mobiliario, sen rematar a cocina e co edificio sen conectar á rede eléctrica
Lugo,10 de outubro de 2023. “O compromiso do goberno provincial de PSOE e BNG coas residencias de maiores é nulo”. Así de contundente se amosou o voceiro provincial do PP na Deputación de Lugo, Antonio Ameijide, despois de ver como o presidente da institución, José Tomé, presumía da súa xestión nun encontro realizado esta mañá con usuarios de residencias.
Antonio Ameijide denuncia “a dobre vara de medir” que teñen no PSOE lucense no referente á xestión das residencias. “Eles presumen da súa xestión —externalizada— mentres se permiten a licenza de criticar ás demais administracións o seu modelo de xestión, independentemente do que sexa”, sinalou.
O voceiro popular realizou esta reflexión, sobre todo, por ter coñecemento de que moitas das residencias da Deputación de Lugo teñen queixas de funcionamento por parte de usuarios e traballadores das mesmas, sendo estes centros que están abertos construídos pola extinta Suplusa, o que evidencia que baixo o mandato de Tomé “non se construíu nin unha soa residencia”.
A realidade é que dende o goberno de PSOE e BNG na Deputación de Lugo “abandonouse ás residencias”. “As residencias precisan dun impulso decidido xa que Tomé está a recuar co seu proxecto estrela”, denunciou o popular, ao que engadiu que “tras vender as residencias a bombo e platillo a realidade é totalmente diferente”, tendo como exemplos de abandono os centros de maiores de Becerreá, Guitiriz, Cervantes, A Pobra do Brollón, Courel, Portomarín, A Pontenova, Pantón ou Ourol xa que “sempre atoparon algunha escusa para dilatar a súa apertura ou a súa construción”.
No caso da residencia de Becerreá, a realidade é que as obras do centro remataron hai máis de dous anos, sen que se procedese ao equipamento do mesmo e a súa posta en funcionamento pese a ser unha infraestrutura fundamental para a comarca da montaña luguesa e que terá unha oferta de 136 prazas (96 de residencia e 40 de centro de día).
Segundo os datos aos que tiveron acceso os populares, na residencia de Becerreá aínda falta por rematar a cociña, dotar de mobiliario ou rematar os traballos para conectar o edificio á rede eléctrica.
MÁIS COHERENCIA
Antonio Ameijide pide “máis coherencia” aos socialistas, sobre todo, tras escoitar onte as declaracións do voceiro do PSOE durante o Debate do Estado da Autonomía de Galicia, no que Luis Álvarez loaba veladamente a xestión das residencias que se realiza dende a Deputación de Lugo ao que hai que engadir os ataques dos socialistas lucenses á nova residencia de maiores que en breve abrirá as súas portas en Lugo grazas á colaboración entre a Xunta de Galicia e a Fundación Amancio Ortega. “Non pode ser que cuestionen esta residencia que se construíu en tempo récord, mentres que eles dilatan todos os proxectos, ademais de privatizar os centros de maiores que, ademais, acumulan numerosas queixas de funcionamento”, denunciou.
Unha falta de coherencia que se puido ver hai dúas semanas no pleno da Deputación de Lugo, cando socialistas e nacionalistas votaron en contra de poñer en marcha o comprometido Centro de Atención a Maiores de Cervantes na antiga escola fogar de San Román, un edificio xa construído e que só habería que adaptar. “Vemos como son os do non polo non, xa que os veciños de Cervantes seguen agardando por esta dotación”, lamentou, ao que engadiu que “esta é a proba de que tentan paralizar as residencias xa que se arrepinten do seu propio proxecto”.




















O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.



