Lugo, 20 de outubro de 2023. O deputado Daniel García participou esta tarde na presentación da II Carreira Popular Valadouro-Alfoz, que se celebra o vindeiro 4 de novembro e que conta coa colaboración da Deputación de Lugo a través do Plan Único.
A proba, que organizan de forma rotatoria os dous municipios veciños, está aberta á participación de diferentes idades, con percorridos para a categoría absoluta (6,5 quilómetros), infantil e cadete (1,6 quilómetros), alevín (1,2 quilómetros), benxamín (600 metros) e pícaros (200 metros). Para a carreira absoluta, a saída será no Valadouro, fronte á Oficina de Turismo, e a meta no pavillón de Alfoz. As categorías inferiores correrán pola contorna do pavillón de Alfoz. A oferta completase cunha andaina popular.
No acto, no que participaron o concelleiro de Deportes do Valadouro, Eliseo Teijeiro, e o concelleiro de Deportes de Alfoz Eliseo Lorenzo, púxose en valor a colaboración entre os dous municipios na organización da proba, na que agardan reunir preto de 200 participantes. Disporán de servizo de autobús entre a zona de saída e a zona de meta e vestirarios e duchas no pavillón de Alfoz.
Daniel García valorou “a contribución que desde a Deputacion de Lugo fai aos concellos a través do Plan Único, cun investimento total neste 2023 de 21,5 millóns de euros, que os municipios invisten con autonomía“ e sinalou que “ademais de fomentar hábitos de vida saudables na poboación en xeral,este tipo de probas populares xeneran tamén un dinamismo social moi importante para os concellos”.
A carreira é puntuable para o circuíto Run Foz Run. O prazo de inscrición está aberto ata o 31 de outubro.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



