O vindeiro sábado 21 de outubro remata o prazo de matrícula para o curso de acceso a maiores de 25 e 45 anos
Lugo, 16 de outubro, 2023. Durante o curso pasado tituláronse 54 persoas en ensinanzas regradas e 8.600 en actividades de extensión universitaria
A Uned dispón dun punteiro centro na nosa cidade —sito na Tolda de Castela, 4B— e das súas tres Aulas Universitarias na provincia, nas localidades de Foz, Monforte de Lemos e Viveiro. Sen notas de corte, ao ritmo de estudo que as circunstancias laborais e familiares de cada un lle permiten, cunha metodoloxía que combina a presencialidade cun forte apoio tecnolóxico.
Uned Lugo ten aberto o prazo de matrícula ata o 23 de outubro en calquera dos seus 30 graos e 21 graos combinados sen límite de prazas, aos que se pode acceder sen nota de corte e con prezos públicos.
A Universidade de Educación a Distancia dispón dunhas modernas instalacións, con aulas perfectamente equipadas para seguir as clases e titorías de maneira presencial e virtual; unha biblioteca universitaria con todos os textos básicos necesarios para a preparación das materias, accesibles a través do servizo de préstamo e espazos para o estudo en pequenos grupos.
Novidades
Uned Lugo continúa a implantación no curso académico 2023-24 do Grao en Educación Infantil, que completa a oferta da súa Facultade de Educación, preparando futuros graduados dedicados á formación de nenos durante a primeira infancia de 0 a 6 anos; e do Grao en Enxeñería da Enerxía, que se engade á ampla oferta da súa Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Industriais e que fai fronte aos retos tecnolóxicos para formar profesionais capaces de contribuír en materias de sustentabilidade, eficiencia global, ética profesional e políticas enerxéticas de aforro e racionalidade na xeración e o uso da enerxía.
As persoas maiores de 25 e 45 anos que non tiveron no seu día a posibilidade de realizar estudos universitarios poden agora, a través do Curso de Acceso, ver cumprido o seu obxectivo de adquirir unha formación superior.
Todas as materias que se imparten dispoñen, así mesmo, de titorías presenciais un día á semana, que axudan a conseguir unha boa preparación da materia e, en consecuencia, a superación dos exames.
Na sede de Lugo e nas súas tres Aulas Universitarias, cada curso académico varios centenares de persoas retoman os seus estudos regrados pola vía do Curso de Acceso á Universidade.
Posgraos
Uned Lugo oferta tamén unha ampla gama de Programas Oficiais de Posgraduado conducentes á obtención dos títulos de Mestrado e Doutor, axustados aos criterios do Espazo Europeo de Educación Superior (EEES). Unha oferta de máis de 70 mestrados oficiais, distribuídos nos distintos campos do saber, permite elixir aquel que mellor se axuste á especialización académica, profesional ou investigadora que se desexe adquirir.
Idiomas
Nestes tempos nos que o dominio dun idioma estranxeiro conver teuse nunha necesidade imperiosa para acceder ou progresar no mundo laboral, Uned Lugo ofrece tamén esta posibilidade formativa, a través do Centro Universitario de Idiomas a Distancia(CUID).
Este ano na Uned Lugo impartiranse de forma presencial os niveis de inglés A1, A2, B1, B2 e C1; galego A2 e B1; chinés A1; portugués A2 e B1 e alemán A1 e B1.
No centro de Idiomas da Uned a matrícula en liña pode realizarse ata o 23 de outubro, e o prazo de modificación finalizará o 30 de novembro. O curso comezará o 30 de outubro e rematará o 25 de maio de 2024.
Os horarios de clases serán de 20.00 a 21.00 horas os martes (Inglés A1): xoves (Inglés A2); luns (Inglés B1) e mércores (Inglés B2), e de 17.00 a 18.00 os venres (Inglés C1). En Galego (quincenal) serán os xoves, de 17.00 a 19.00 (A2) e de 19.00 a 21.00 (B1). Chinés A1 impartirase os xoves de 20.00 a 21.00 horas; portugués os venres, de 17.00 a 18.00 (A2) e de 18.00 a 19.00 (B1); e alemán tamén os venres, de 17.00 a 18.00 (A1) e de 19.00 a 20.00 (B1). A maiores, a Uned Lugo está acreditada para realizar os exames Trinity College London.
Uned Senior
Para seguir aprendendo ao longo de toda a vida, a Uned Sénior en Lugo ofrece cursos presenciais de 30 horas de duración sobre diversos temas, desde inglés niveis A2.1 a inglés intermedio ou inglés para viaxar, en Sarria.
Achega tamén Introdución á Literatura Galega, en Sarria; Aproximación á historia da literatura galega, a través de Faladoiros literarios que se desenvolverán en Viveiro; A historia da arte entre os séculos XV e XIX, ou unha revisións do mundo clásico e novos enfoques, en Viveiro, dunha maneira atractiva e adaptada ás persoas maiores de 55 anos.
Extensión universitaria
Ademais, neste vindeiro curso hai unha variada e numerosa oferta de actividades de extensión universitaria. Xa hai programadas 12:
. Curso de mediación civil familiar e comunitaria (quinta edición).
· Xornada de acollida Uned Lugo. Curso 2023-2024.
· Segundas xornadas sobre Diversidade funcional: retos e desafíos.
· Exposición: Instantes.
· Psicoloxía deportiva: En que consiste? (segunda edición).
· Uned Sénior (2023-2024).
· Curso sobre Clubs de produto turístico. creación e xestión.
· Traballando a calma co meu can/gato.
· Boas prácticas para a atención humanizada no coidado de persoas en centros residenciais, hospitais, etc.
· Seguridade pública e liderado: novos tempos, novos modelos.
· Seminario: Intervencións asistidas con animais (quinta edición).
· Curso básico de alimentación e nutrición. O Mindful-eating (alimentación consciente) como ferramenta de nutrición saudable.
· Programa Seguridade Pública e Liderazgo: novos tempos, novos modelos.
Compromiso Social
A Uned de Lugo vén de facer balance do seu exitoso programa social #UNEDLife, cuxa misión foi promocionar o deporte para unha vida máis saudable, que contou con máis de 4.000 matrículas e máis de 60.000 visualizacións, agradecendo todas as colaboracións e sinerxías que levaron a cabo ao longo desta iniciativa.
“O éxito do proxecto #UNEDLife é un tremendo orgullo para a comunidade universitaria e non é máis que un reflexo do traballo e do agarimo de moitas persoas traballando por un ben común, como é o de mellorar o benestar da vida das persoas da nosa provincia”. A Uned de Lugo implícase co desenvolvemento territorial da provincia e co benestar da cidadanía, e por este labor foi premiada a nivel nacional, xa en cinco ocasións.
No curso 2023-2024 o compromiso social da Uned de Lugo seguirá medrando a través de novos proxectos, nos que se forxarán novas sinerxías, que traballarán conxuntamente por un futuro mellor para a cidadanía.























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.


