Enxalza a figura da familia Fra, estirpe de carpinteiros de ribeira cun legado de máis de 200 anos que agora, na sétima xeración, sufriu o incendio das súas instalacións
Cervo, 11 de novembro de 2023. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na inauguración das XII Xornadas de Construción Naval en Madeira que, organizadas pola Asociación Galega de Carpintería de Ribeira (Agalcari), abordaron o pasado, presente e o futuro que lle agarda a esta emblemática labor artesanal baixo o título Singraduras pendentes. O titular de Mar destacou a importancia das carpintarías de ribeira como un dos oficios e actividades fundamentais dentro do patrimonio mariñeiro de Galicia.
Na casa consistorial de Cervo, Alfonso Villares destacou a importancia dun traballo nacido da sabedoría popular que constitúe un auténtico proxecto de país, pois a fabricación de barcos de madeira favorece a silvicultura sostible e vincula a dúas industrias estratéxicas, como son a forestal e a marítimo-pesqueira. Na actualidade permanecen activos en Galicia uns 14 estaleiros cuns 130 traballadores que proveñen da carpintería de ribeira.
O representante autonómico enxalzou o traballo de Agalcari para dignificar a construción duns barcos cunha pegada de carbono próxima a cero e con pezas cen por cen reciclables, en procesos sustentables e cada vez máis optimizados con novas técnicas que permiten que se utilicen para renovar a flota da industria auxiliar da acuicultura ou de pesca artesanal. Ademais, a actividade demanda persoal altamente cualificado, abrindo a porta a solución formativas en materia de FP que poden contribuír á supervivencia do sector.
A carpintaría de ribeira está incluída no Plan da Cultura Marítima-Horizonte 2030 como un dos grandes piares do acervo e o legado mariñeiro de Galicia. O conselleiro do Mar quixo plasmar “o noso compromiso irrenunciable coa cultura marítima como eixo que da sentido á identidade de Galicia” que se recolle no citado documento estratéxico. Este documento pode converterse, ademais, no mellor dos avais para que os saberes da carpintería de ribeira acaden por fin a declaración como ben de interese cultural.
O obxectivo da Xunta de Galicia é o de poñer en valor o compromiso co legado vinculado ao mar da nosa comunidade, un “importante tesouro” conformado polo conxunto de saberes e elementos, materiais e inmateriais, que debe ser conservado e transmitido para que o coñezan as xeracións vindeiras.
Alfonso Villares tomou a palabra xusto antes de Francisco Fra Rico, mestre carpinteiro de ribeira que falou sobre a historia desta actividade na zona de San Cibrao. O titular de Mar destacou sobre este profesional que é o mestre da sétima xeración dun taller fundado no 1806, polo que forma parte dunha estirpe de fabricantes de barcos que se remonta a máis de dous séculos atrás. Resaltou o seu traballo na divulgación da madeira como material óptimo na construción naval e tamén a solidariedade espertada por este artesán cando o lume se levou por diante part6e do seu taller en Cervo este mesmo ano e a sociedade articulou fórmulas para contribuír a afrontar os custos de reconstrución do estaleiro.
Importancia da formación
Nas xornada celebrada en Cervo púxose de manifesto a necesidade de apostar por unha formación específica que facilite a remuda xeracional, para evitar que a falta de novos carpinteiros poña en perigo aos estaleiros. Tamén inflúe o feito de que aínda que moitas destas empresas se adaptaron aos novos tempos e materiais, o vello oficio dos carpinteiros navais perde peso: no último lustro entre todos eles construíron 27 embarcacións, e delas só 14 de madeira.























O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



