O portavoz amosou a súa preocupación polo impacto desta enfermidade no concello
Xermade, 22 de novembro de 2023. O portavoz do Grupo Municipal do PP de Xermade, Antonio Riveira, trasladou a súa preocupación polas consecuencias da Enfermidade Hemorráxica Epizoótica (EHE) nas explotacións gandeiras do municipio durante unha reunión co conselleiro de Medio Rural, José González, na que tamén participou o director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, e tamén abordaron outros asuntos que afectan ao municipio.
O voceiro popular remarcou o impacto da EHE nos animais gandeiros da zona, sinalando exemplos como o dunha explotación de Ladrela, na parroquia de Piñeiro, coa que tanto o portavoz coma a Consellería do Medio Rural amosaron a súa vontade de colaboración.
Riveira agradeceu a atención do conselleiro e a sensibilidade da Xunta con esta nova enfermidade que está a afectar á cabana gandeira de toda España. De feito, lembra que Galicia foi “a primeira comunidade autónoma en anunciar indemnizacións pola morte dos animais”, e “o propio conselleiro comprometeuse a axilizar os trámites”, explica o portavoz.
Entre outras actuacións, a Xunta está a desenvolver unha traballo coordinado co sector para mitigar as consecuencias da EHE, ademais de pedir ao Ministerio de Agricultura que deseñe unha estratexia -en coordinación coas comunidades autónomas- de loita contra unha enfermidade expandida por toda a Península Ibérica, ademais de liderar os traballos de investigación para lograr unha vacina contra esta patoloxía.
Ademais, o Consello Agrario Galego aprobou o pasado 14 de novembro a creación dun equipo de traballo que implementará un sistema de alertas temperás, co obxectivo de axudar a previr as consecuencias das enfermidades animais e vexetais derivadas do cambio climático que están afectando ao sector primario.






















O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



