Ribadeo, 29 de novembro de 2023. A Asociación de Profesores de Automoción de Galicia organiza en Ribadeo un curso que abordará a seguridade, a prevención e o roubo de vehículos así como o roubo con forza en empresas. Terá lugar os días 16 e 17 de decembro nas instalacións de Apaga, en Vilar. A inscrición está aberta.
O presidente de Apaga, Álvaro Doural, explicou que “os días 16 e 17 de decembro vamos realizar un novo curso, neste caso cunha temática diferente ao que estábamos facendo ata agora: Seguridad, prevención y robo de vehículos y robo con fuerza en empresas. Tratarase todo o tema de emerxencias, investigación e prevención tanto en vehículos como en empresas, especialmente en naves industriais”.
Doural subliñou que “vamos contar cun especialista que forma parte dos corpos de seguridade do Estado, que nos vai impartir este tipo de temática. Terá unha duración de 16 horas, hai 15 prazas e a inscrición faise enviando un correo á nosa dirección, que é apagaribadeo@gmail.com, ou a través do teléfono 639.88.49.45”.
O presidente de Apaga indicou que “o curso está aberto a todos os que queiran participar. Hai persoal dos corpos da Garda Civil e da Policía que xa fixeron a solicitude, pero está aberto a todo o mundo, como todos os nosos cursos, nos que o único problema que pode haber para asistir é o límite de prazas. Polo tanto a xente que estea interesada poderá participar no curso. O prazo de inscrición estará aberto ata o 9 de decembro, unha semana antes de iniciarse o curso”.
Álvaro Doural engadiu que “ademais este mes estamos dedicándonos á planificación das accións europeas que vamos iniciar a partir do 1 de xaneiro: todo o que é mobilidade de alumnado e de profesorado; o proxecto de innovación sobre hidróxeno verde para vehículos, que tamén vai arrancar en xaneiro. Tamén temos previsto facer no primeiro mes do vindeiro ano outras actividades, posiblemente un curso de soldadura despois de Reis e algún outro tipo de iniciativa formativa que vai arrancar paralelamente coas accións de Erasmus”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



