Besteiro comprometeuse a recuperar o tempo perdido: “A VAC Costa Norte, anunciada en 2001, tiña que estar rematada en 2007, pero o PP abandonouna nun caixón ata que chegou o Goberno de Touriño, que licitou os únicos dous tramos rematados ata o momento: as variantes de Xove, inaugurada en 2017, e a de Ortigueira, en 2013. Dende entón o PP tena parada”
Viveiro, 9 de novembro de 2023. “O PP deixou tirada á Mariña. Nestes case 15 anos, nin Feijóo nin Rueda moveron un dedo pola Vía de Alta Capacidade Costa Norte de Ferrol a San Cibrao. Non fixeron nin un metro máis dos que deixou en marcha o Goberno de Pérez Touriño”. Así o manifestou o candidato socialista á presidencia da Xunta de Galicia, José Ramón Gómez Besteiro, quen subliñou este mércores en Viveiro que a execución das obras desta vía estratéxica para a mobilidade e o desenvolvemento da comarca mariñana “será prioritaria na nova etapa de Goberno que lideraremos os socialistas en Galicia”.
“Recuperaremos o tempo perdido, e faremos o que non fixeron nin Feijóo, nin Rueda durante estes anos, nos que puxeron en pausa esta infraestrutura clave, como tantas outras en toda a provincia de Lugo e en toda Galicia”, asegurou Gómez Besteiro. “Os socialistas darémoslle solución, como facemos sempre, arranxar os problemas e impulsar os investimentos para avanzar”.
Besteiro reivindicou o impulso da VAC Costa Norte no encontro que mantivo esta mañá en Viveiro coa alcaldesa, María Loureiro, co secretario xeral do PSdeG na provincia de Lugo e presidente da Deputación, José Tomé Roca, ca deputada autonómica Patricia Otero, o senador César Mógo, e alcaldes e alcaldesas, e voceiros socialistas da comarca da Mariña. O encontro tivo lugar na travesía da cidade do Landro, onde se producen habitualmente retencións de tráfico provocadas pola elevada densidade da circulación, que precisamente evitaría a variante da Vía de Alta Capacidade que a Xunta ten paralizada.
Os únicos tramos feitos son obra dos socialistas
O candidato do PSdeG á Xunta lembrou que a VAC Costa Norte, anunciada polo Goberno presidido por Fraga e con Xosé Cuíña como Conselleiro en 2001, tiña que ter rematado en 2007, pero foi abandonada nun caixón ata que chegou o Goberno presidido polo socialista Pérez Touriño, que licitou os únicos dous tramos rematados ata o momento. Trátase da variante de Xove, en Lugo, inaugurada en 2017, e a variante de Ortigueira, inaugurada en 2013.
Dende entón, o PP tena parada porque ano tras ano consigna partidas económicas nos Orzamentos da Xunta que nunca executa. En vez de desbloquear os 9 tramos que aínda quedan pendentes, o Goberno galego mesmo tratou de responsabilizar á Alcaldesa viveirense, que tivo que adaptar o PXOM á modificación imposta pola Xunta e coa que racharan o consenso no proxecto orixinal para a Ponte de Viveiro. Unha mera escusa, como demostra que, nunha recente resposta aos socialistas no Parlamento de Galicia, o director da Axencia de Infraestruturas recoñeceu que a VAC Costa Norte non é prioritaria para o PP.
Todo un cúmulo de “despropósitos” que “agrava aínda máis o menosprezo ao que Rueda somete aos veciños e veciñas da Mariña”, tanto en infraestruturas, como tamén en materia industrial, porque, “non nos esquezamos da tripla traizón que lle fixeron aos mariñanos, con Alcoa, con Vestas e con Altri”.
A paralización da Vía de Alta Capacidade Costa Norte “é un exemplo máis de que, co PP, esta comarca, a provincia de Lugo e toda Galicia perderon moito nestes preto de 15 anos. Non podemos perder máis tempo. Co PP, Galicia para; cos socialistas, Galicia avanza, como estamos a demostrar no Goberno do Estado con Pedro Sánchez, o presidente que máis fixo por Galicia, e tamén nas deputacións e nos concellos liderados por socialistas.
“Gobernos con ambición, con ganas e con proxecto para mellorar a vida da xente con máis servizos e con máis infraestruturas. Un Goberno como o que ofrecemos os socialistas para Galicia”, concluíu o deputado por Lugo.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



