Para o presidente de Sogama, Javier Domínguez, os datos desta primeira mostraxe veñen a corroborar o gran esforzo realizado polo equipo de goberno e á veciñanza
Cerceda, 17 de novembro de 2023. Os resultados das caracterizacións correspondentes á primeira entrega de materia orgánica procedente do Concello de Cervo na planta de biorresiduos de Sogama en Cuíña, evidencian unha calidade extraordinaria ao contabilizar un 98,21% de elementos propios (residuos de carácter orgánico) e tan só un 1,79% de impropios (algunha bolsa plástica e algunha botella de vidro).
As mostraxes realizadas por unha firma independente avalan o traballo previo de contenerización, dotación de medios e loxística despregado polo ente local, así coma o propio de información, formación e concienciación social desenvolvido no termo municipal co fin de que os veciños utilicen axeitadamente o contedor marrón e leven a cabo unha correcta selección da materia orgánica en orixe.
Cabe lembrar que Cervo foi o primeiro concello que entregou os seus biorresiduos na planta de compostaxe, dando mostras dunha gran fortaleza na recollida diferenciada da materia orgánica e o seu absoluto compromiso co cumprimento da lexislación vixente, xa que a normativa europea obriga aos municipios a instaurar este tipo de recollida antes do 31 de decembro do ano en curso.
Desta primeira entrega, que se materializou o pasado 8 de novembro, foron testemuñas a alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, a tenente de alcaldesa e concelleira de Medio Ambiente, Manuela Méndez Álvarez, e o presidente de Sogama, Javier Domínguez Lino.
A instalación, á que se destinou un investimento de 6,4 millóns de euros, acolle todo o proceso de compostaxe -pretratamento, fermentación, maduración e almacenamento- e dispón de capacidade para tratar 3.000 toneladas anuais de materia orgánica, ademais de 1.600 toneladas de material estruturante —é dicir, podas e restos de madeira-. A produción estimada é de 1.500 toneladas de compost, cuxo destino será fundamentalmente a agricultura e a xardinería, en substitución dos fertilizantes artificiais.
Ademais, a planta equipouse con novos e innovadores sistemas de depuración de augas e de aire, así como de control do nivel de ruído, e é autosuficiente desde a dimensión enerxética ao estar alimentada por enerxías renovables, concretamente con paneis solares, contribuíndo desta forma á loita contra o cambio climático.
Para o presidente de Sogama, Javier Domínguez, o resultado da primeira caracterización vén demostrar que o esforzo ten a súa recompensa, e por iso anima aos cervenses a colaborar activamente no sistema de recollida selectiva de residuos para contribuír a protexer o medio ambiente e a saúde. Neste sentido, trasladou as súas felicitacións ao equipo de goberno e a toda a veciñanza, e animou ao resto dos municipios a seguir o camiño de Cervo, un concello plenamente comprometido coa sostibilidade.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



