Agradeceu o traballo que realiza a DXT para crear conciencia sobre a seguridade e mostrou o seu recoñecemento a todo o persoal dos servizos de emerxencias, Policía, Garda Civil, sanitarios, organizacións e demais corpos e servizos que participan no momento de socorrer ás vítimas
Lugo, 20 de novembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo fixo a lectura do manifesto pola conmemoración do Día mundial en memoria das vítimas de tráfico e resaltou que a condución responsable e fóra de distraccións ao volante é fundamental na prevención de múltiples accidentes mortais. A subdelegada fixo esta apelación con motivo da conmemoración do Día Mundial en recordo das vítimas dos accidentes de tráfico. No acto estivo presente o xefe da xefatura provincial de tráfico, Ángel Álvarez, e outras autoridades.
Isabel Rodríguez recordou ás persoas falecidas no que vai de ano nas estradas e vías da provincia e apelou á responsabilidade dos condutores de adecuar a condución ás condicións da vías, xa que “a cuestión máis frecuente á que se teñen que enfrontar medios da Xefatura Provincial de Tráfico e outros servizos de emerxencia e asistencia é a saída de vía”, explicou. “Con motivo deste día, quero lembrarlles aos condutores e condutoras que respecten as normas e fagan unha condución responsable, realizando un correcto mantemento dos vehículos e centrando a súa atención na vía, evitando así todos os elementos que poidan entrar en xogo á hora de desencadear un accidente”.
Rodríguez tamén remarcou a necesidade de que a condución se desenvolva nas mellores condicións tanto físicas como psíquicas para evitar despistes ou distraccións, así como, en caso de producirse somnolencia ou calquera estado contraproducente, deter a travesía nun lugar seguro e parar a descansar.
Así mesmo, a subdelegada agradeceu o traballo que realiza a DXT para crear conciencia sobre a seguridade. Tamén mostrou o seu recoñecemento a todo o persoal dos servizos de emerxencias, Policía, Garda Civil, sanitarios, organizacións e demais corpos e servizos que participan no momento de socorrer ás vítimas.
Segundo datos da DXT, os accidentes provocaron que 18 persoas faleceran este ano nas estradas e vías urbanas e interurbanas da provincia, e provocaron que 76 persoas feridas requiriran hospitalización. Destes accidentes, 15 dos falecidos foron en vías interurbanas da provincia.
O acto desenvolveuse coa lectura do manifesto aprobado este ano para a conmemoración seguido por un minuto de silencio en memoria polas persoas que faleceron ou resultaron feridas en sinistros viarios.
Conmemoración das vítimas
O terceiro domingo de novembro celébrase o Día Mundial en Recordo das Vítimas de Accidentes de Tráfico, proclamado oficialmente pola ONU, co obxectivo de reducir o número de vítimas en accidentes de tráfico. A Dirección Xeral de Tráfico súmase a este recordo, organizando un acto que ten como obxectivo o de avivar a conciencia pública sobre o impacto persoal e social que causa a violencia viaria.
























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.


