Xosé Luís Rivas afirmou que o texto pretende regular “o que non existe” e reclama elaborar unha lei que “substitúa o abandono do medio rural por un modelo que impulse a vida, a actividade económica e o futuro”
Santiago de Compostela, 21 de novembro, 2023. O portavoz de Agricultura e Gandaría do BNG, Xosé Luís Rivas defendeu unha emenda á totalidade para a devolución da lei de calidade alimentaria de Galiza presentada polo Partido popular por considerar que o texto pretende “regular o que non existe” e só busca propaganda e titulares pero non resolver os graves problemas do sector agrogandeiro.
Tras a votación favorable do Partido popular, a proposta de lei continúa o trámite parlamentario até a súa aprobación.
Na súa intervención, Rivas explicou que resulta “un esperpento” que a exposición de motivos do proxecto de lei se refira a un país cunha “agrogandaría vizosa, con variados e surtidos cultivos, coa sostibilidade como alicerce e fixación de poboación coma norma” porque a realidade é que vivimos “nunha nación do Estado que aporta o 41% da produción láctea, posúe os mil microclimas benignos aptos para a agrogandaría, cun territorio sucado por milleiros de cursos de auga, que mesmo chegou a ter 900.000 has cultivadas, das que 337.000 correspondían a cereal en grao” pero hoxe, pasamos das 600.000 abandonadas, con só 32.000 dedicadas a cereal en grao e que importa para soster a alimentación animal, tanto láctea coma de carne, arredor de 3 millóns de Tm, dese insumo.
No debate de toma de consideración da lei, o deputado do BNG replicou ao conselleiro de Medio Rural, José González “o desleixo” dos gobernos do Partido popular para promover e executar os cambios necesarios e facer cumprir a norma anterior así como adecuar a mesma a novas normativas.
Rivas lembrou que a calidade alimentaria galega actual provén de miles de quilómetros con combustibles fósiles engadidos e podemos atopar xouba do Mediterráneo procedente de Grecia a 1.80 euros/kg que non pagou o combustible do barco que a pescou. A nós, dende o BNG, dixo, preocúpanos o autoabastecemento alimentario e por iso sempre apostaremos pola “soberanía alimentaria”. Nesta liña, defendeu medidas urxentes para reverter a situación de dependencia alimentaria entre as que destacou: unha reforma agraria adaptada ás necesidades actuais do agro galego non centrado na propiedade senón nos usos e na mobilización produtiva das superficies, que reduza o abandono, promova a produtividade da terra e serva como medida de prevención de incendios forestais.
Ademais, asegurou que urxe a ordenación de usos do solo, que delimite o espazo que deben ocupar as terras de vocación forestal e as que deben reservarse para un aproveitamento agro-gandeiro que permita compatibilizar as demandas da poboación para eses territorios de tipo ambiental, residencial ou turístico coas funcións tradicionais de produción.
O nacionalista tamén apelou a reorientar os sistemas produtivos das explotacións gandeiras cara modelos máis baseados nos recursos forraxeiros e menos dependentes das compras de alimentos para o gando.
Galiza, engadiu Rivas, continúa a ser unha realidade produtiva con sectores moi potentes coma o lácteo e o vitivinícola que conviven con agricultura e gandaría en “autoconsumo de xentes que aínda resisten no rural” pero esta modalidade é considerada coma residual nas políticas do PP no goberno, criticou.
Os produtores e produtoras do noso País, teñen mil atrancos para comercializar os seus excedentes. Faltan Centros Comarcais de Apoio á Transformación e Comercialización Alimentaria e unha “estratexia da granxa á mesa e mercados de proximidade” porque os mercados locais, explicou Rivas, están en declive e sen apoio das administracións. Os produtos locais deben de estar presenten nos comedores escolares, residencias de maiores, comedores públicos, na restauración, nos supermercados e nos mercados.
“Nada disto se aborda en serio neste proxecto de lei” e si visitamos calquera supermercado, “máis do 80% dos alimentos frescos ou transformados proceden da lonxanía” e a poboación está a alimentarse de produtos de dubidosa calidade.
Ao seu xuízo, a lei de calidade alimentaria debe asegurar a calidade dos produtos alimentarios obtidos e comercializados nos territorio destacando a “lealdade das transaccións comerciais e dereitos dos produtores agrarios, operadores económicos, profesionais do sector e persoas consumidoras”.
Finalmente, o nacionalista preguntou por que se excluíron das axudas as explotacións de menos de dez vacas nutrices? “Seica non teñen calidade diferenciada ?” E a pataca da Limia ? Que relevo xeracional ten a produción da faba de Lourenzá a dez anos como non sexa a mans dun fondo de inversión calquera ou dunha agroindustria que envase faba procedente, poñamos por caso de Polonia?.
¿Como se xustifica a perda de 324 granxas lácteas no primeiro semestre de 2023 sobre un total de 6.000? Ula a produción de trigo do país que sustente o pan galego ? E que se fixo para divulgar as excelencias dentro de Galicia ? Todas estas cuestións, dixo, deben ter resposta no texto lexislativo da Calidade alimentaria de Galiza.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



