Ribadeo, 17 de novembro, 2023. O BNG de Ribadeo quere facer saber á cidadanía ribadense que este xoves pasado, dezaseis de novembro, houbo un pleno extraordinario que ben se podería ter integrado no pleno ordinario que tocaba facer a principios do mes de novembro, que xa leva dúas semanas de retraso, e que aínda está sen axendar. “Se é certo que urxía aprobar os puntos que conformaban a orde do día deste pleno extraordinario, por que non se deu convocado o pleno ordinario que tocaba a principios deste mes?”.
“Retraso na convocatoria dos plenos, retraso no comezo das obras do Hospital Asilo… Non é de estrañar: cando se dedica máis tempo a especular con como podería ter sido a negociación da reforma de edificios emblemáticos de Ribadeo, ou a difundir insinuacións sobre o anterior goberno, despois bótasenos o tempo enriba e non damos preparado a convocatoria dos plenos ordinarios, ou temos que convocar á oposición de forma extraordinaria a través dos medios de comunicación”.
“Así foi como soubo o noso grupo municipal que ía haber pleno extraordinario este xoves dezaseis ás oito da tarde: lendo o xornal o mércores pola mañá. E non vale a escusa de que, como era pouco o que había que tratar, tampouco facía falta tanto tempo para preparar o pleno. O señor alcalde quere reducirnos o tempo de intervención nos plenos, pero semella ter a intención de, pouco menos, duplicar o número de plenos. Non se entende moi ben. Hai algo que non cadra. Non vemos ningunha razón obxectiva para que, podendo abordar un punto nun pleno ordinario, se force a convocatoria doutro extraordinario porque non se dá convocado o pleno ordinario que tocaba a principios de mes. Aumenta descontroladamente o gasto en determinadas partidas, aumenta o número de plenos… Cando se vai introducir un mínimo de racionalidade na vida do concello?”.
“Pero, sobre todo, cando vai deixar o señor alcalde de especular co traballo feito polo anterior goberno? Cando vai deixar de encirrar sobre o labor político do anterior goberno e do BNG, o partido que o sustentaba? Cando vai deixar de presumir do que outros fixemos anteriormente e nos vai dar a coñecer os seus proxectos? Cando nos vai comunicar a cantidade de diñeiro que a Xunta vai poñer a disposición do Concello de Ribadeo para reformar integralmente o Hospital Asilo? Cando van empezar de verdade as obras do Hospital Asilo? Xa van cento sesenta e dous días coa xente maior de Ribadeo lonxe da súa casa, nunha residencia que lles é estraña, e non se lle ve trazas ao asunto: moito carteliño e moito conto, pero movemento ben pouco. Esperte, señor Vega! E déixese de lerias e de comenencias”.

























A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Afectarán aos seguintes servizos: Piscina: pechada. Duchas dos vestiarios: pechadas. Ximnasio e actividades en seco: abertos no horario habitual. O Concello agradece a comprensión da cidadanía.
O presidente, José Luis Sáez, agradeceu o apoio da empresa, clave para reforzar os equipos nesta segunda volta e garantir a continuidade da entidade, que segue loitando pola permanencia en Primeira División Iberdrola e Segunda División.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.
As deputadas do PP lucense no Parlamento galego, Raquel Arias e Nicole Grueira, e a alcaldesa de Cervo, Dolores García, mantiveron na localidade un encontro con mulleres vinculadas ao sector do mar co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o seu papel fundamental na economía mariñeira e na vida das vilas costeiras. A reunión serviu como espazo de diálogo e recoñecemento ao traballo que durante anos desenvolveron mariscadoras, redeiras e outras profesionais do sector. As populares manifestaron a súa defensa da igualdade e aseguraron que “sen as mulleres o sector do mar non se atende”.
Será na Explanada do Círculo Habanero, en carpa climatizada. Programa: 13:30: Sesión vermú con Dúo Puma. 14:30: Xantar (fabada, costela con patacas, sobremesa, café e bebida). Prezos: Socios 20 €. Non socios 30 €. Nenos 6–12: 15 €. Menores de 6 anos: gratis. Entradas: domingos 15 e 22 de marzo, de 11:30 a 13:30 no Local Social. Contacto: 682 06 57 07
A feira instalarase na Praza da Constitución e contará con showcookings, catas, música en directo e actividades para todos os públicos. O sábado haberá demostración culinaria con Marcos Pereiro, sesión vermú, talleres infantís e concertos de 9Louro e Mondra. O domingo incluirá showcooking de Miguel Mosteiro, novas catas e a tradicional sesión de baile no Centro Cultural.



