O BNG formulou unha pregunta a Patrimonio co fin de acadar un compromiso para a conservación e protección de elementos culturais no monte e zonas protexidas e o goberno deriva a resposta ao director xeral de Planificación forestal que xustifica economicamente as plantacións de eucaliptos
Santiago de Compostela, 15 de novembro, 2023. A portavoz de Cultura do BNG, Mercedes Queixas amosou a súa desconformidade ante o proceder do Goberno galego por designar ao director xeral de Planificación forestal, José Luís Chan Rodríguez, para respostar na Comisión de Educación e Cultura a unha pregunta dirixida á Dirección de Patrimonio.
A deputada, tras explicar a relevancia das paisaxes culturais integradas por entidades naturais, históricas, monumentais, arqueolóxicas, como as paisaxes da Costa da Morte, a Ribeira do Sil ou os Ancares, forman parte dunha construción da diversidade global como suma de identidades culturais locais.
Un bo exemplo e ben accesíbel a calquera de nós, explicou a nacionalista, é o monte galego, pero o seu patrimonio esta en risco polo progresivo abandono, despoboamento, carencia de plans xerais de ordenación municipal e “ falta de esforzo da Xunta” para protexer os seus bens.
Para a deputada, resulta chamativo que o Goberno galego, Dirección xeral de patrimonio “non cumprise coa debida protección do patrimonio da paisaxe cultural galega, e actúe modificando diferentes leis para reducir ou mesmo eximir de procedementos administrativos ás empresas dedicadas ao desenvolvemento forestal e enerxético”.
Durante 14 anos, os goberno do PP, remarcou a nacionalista, “dedicáronse a favorecer os intereses da industria forestal e enerxética; 14 anos dedicados a servir un menú legal á carta do oligopolio con moratorias de plantación de eucalipto tramposas e modificación anual da lexislación a través da lei de acompañamento dos orzamentos que, ano tras ano, nos deixan a Lei de patrimonio cultural en panos menores”, 14 anos engadiu Queixas, “obedecendo os consellos de administración de empresas foráneas que pretenden actuar en substitución do consello de goberno da Xunta e 14 anos perdidos para garantir a memoria da paisaxe cultural galega e protexer o seu futuro desde a ordenación”.
Desprotección planificada da paisaxe cultural
A inexistencia dun proxecto de ordenación do territorio que planifique a política económica, social, cultural, ecolóxica “é unha firme declaración de intencións do goberno do PP sobre a planificación da desprotección da paisaxe cultural”. Neste ámbito, o goberno ignora as demandas da sociedade e desatende as conclusións do informe do Consello da Cultura Galega que constata as graves consecuencias dos cultivos forestais con especies de crecemento rápido sobre o patrimonio cultural de Galiza.
Mercedes Queixas lamentou que a Dirección xeral de Patrimonio non comparecera na comisión para responder as cuestións formuladas polo BNG e no seu lugar tivera que responder o director xeral de Planificación forestal cando en realidade, dixo , non é o “responsable da protección patrimonial”.
Tras a intervención de Chan Fernández a nacionalista reiterou que a iniciativa do BNG vai dirixida a desenvolver accións para conservar o patrimonio cultural galego e o papel do director xeral de planificación forestal “é inexplicable” porque quen debe dar a cara e a dirección Xeral de Patrimonio cultural. O goberno, subliñou pode “disfrazalo como queira” pero aínda queda algún tempo para o entroido, ironizou.
Para a nacionalista a ausencia dos responsables de Patrimonio confirman “unha irresponsabilidade institucional e política” e “unha burla e falta de respecto” ao grupo parlamentario do BNG, Esta, dixo, é a síntese da súa participación nesta comisión.
O PP despreza os informes do Consello da Cultura Galega
Na súa intervención, Mercedes Queixas lamentou que ao goberno e Partido popular non lles gusten os informes do Consello da Cultura Galega pero non pode “infravaloralos” ou desprezalos. Os informes, afirmou non son opinións, foron elaborados durante dous anos por especialistas para chegar a un documento “ rigoroso”. Desprezar este traballo, “deixa en moi mal lugar ao Partido popular”, recalcou.
Por outra banda criticou que Chan Fernández argumentara que o informe non recollera os aspectos económicos xerados polo eucalipto e piñeiro ao que a deputada respondeu que o director xeral “non leu o informe” porque o texto recolle na súa integridade eses aspectos e engade que a “cultura ten un importante valor económico” un recurso que o goberno e o PP “esmaga” sistematicamente coa axuda do sector privado forestal.
Queixas rematou a súa intervención aludindo a accións como as talas de eucaliptos denunciada por Mariña Patrimonio que destruíron trinta xacementos arqueolóxicos ao que sumou a “desfeita do patrimonio cultural” no monte do Gato, Alfoz, Castro Baroña por “plantacións e cortas desmedidas”.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



