En consonancia cos seus obxectivos de promoción e defensa dos dereitos como a saúde asi como de colaboración con outros colectivos que traballan na mesma liña, o Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme “Agromantes” con guión e dirección de Cora Peña. “Agromantes” é unha obra audiovisual que mestura a ficción e o documental, cunha duración de 72 minutos. Aborda o tema da saúde mental a partir dunha situación na que un grupo de persoas comparten as súas experiencias de loucura e psiquiatrización nun xogo de escenificación improvisada. Rematada a proxección haberá un coloquio no que intervirán por videoconferencia a directora do filme e algúns integrantes do mesmo.
O Foro Social da Mariña organiza a proxección do filme “Agromantes”, este xoves, 9 de novembro, ás 20:00 horas no auditorio da Casa da Cultura de San Cibrao