Culpabiliza ao BNG e XViveiro de tal situación, pois son responsables de aupar a unha candidata que non gañou as eleccións e está a incumprir os acordos cos clubs
Viveiro, 28 de novembro de 2023. O PP de Viveiro acusa ao bipartito “de deixar tirado” ao deporte e ao asociacionismo “por unha inaudita falla de previsión e manexo das prioridades económicas”. A voceira do Grupo Municipal de Viveiro, Mariña Gueimunde, atribúe á rexedora socialista “unha absoluta falta de sensibilidade neste senso” e tilda de “escusas de mal pagadora” todo o argumentario esgrimido para “xustificar o inxustificable”. “Iso que cualifica como pagos sobrevidos non é outra cousa que un despilfarro económico sen precedentes para un Concello ó borde da quebra. Dilapida en propaganda e no superfluo. É un verdadeiro escándalo!”, exclama.
SEN MANTEMENTO DURANTE 20 ANOS
Gueimunde advirte así do abandono e do desinterese que os gobernos socialistas lles prestaron ao deporte local. “As instalacións deportivas están nunha situación calamitosa por unha absoluta falla de mantemento nestes vinte anos” e detalla: o pavillón municipal, con goteiras, pide a gritos un renovado teito; o campo de fútbol Marcos Gómez, sen auga quente suficiente para os numerosos nenos que practican deporte e cunhas instalacións que non recibiron en anos nin un só euro de inversións; a piscina municipal padece numerosas deficiencias sobra as que os usuarios non deixan de trasladar queixas; as de Lavandeiras infrautilizadas por no ter uns vestiarios a pesares de que a Xunta de Galicia lle concedeu o pasado ano unha axuda para elo que se perdeu; o campo de Cantarrana segue coa herba rodeado por un muro que é un auténtico perigo.., e, con todo, a socialista atrévese a dicirlles aos clubs que llelas deixas gratis”. Por todo elo, a popular considera que esta situación “só se pode cualificar de máis que lamentable É un desbaraxuste e un caos todo o que ten que ver co deporte. Non hai por onde collelo”, advirte.
ONDE ESTÁ O BNG E XVIVEIRO?
Mariña Gueimunde pregúntase onde están os socios que a auparon, malia que as urnas non lle deron a vitoria. “O BNG, que vía fondos para catro dedicacións exclusivas, non di nada de que un Concello sen escolas deportivas municipais e que deixou todo o deporte base en mans de clubes privados, non cumpra cos compromisos económicos adquiridos para asegurar a súa viabilidade, cargando nos petos das familias uns contiosos aumentos de cota que permitan aos seus fillos seguir practicando deporte. Non cabe maior desigualdade para un goberno que vai de progresista”, di.
A este respecto, non dubida en responsabilizar tamén a XViveiro desta situación. “Na súa man tivo non dar continuidade a todo este desastre que xa se sabía e do que nin se fala no famoso acordo. É triste dar un apoio explícito a esta indolencia e despreocupación ante o incumprimento dos compromisos económicos adquiridos con clubs e asociacións que contribúen con moito esforzo e sacrificio persoal a prestar un servizo que debería de ser unha prioridade municipal”.





















Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.



