Os populares piden que a Deputación corrixa con celeridade os problemas que xorden por mor da auga nas vías do municipio de Xermade que son da súa titularidade
Xermade, 10 de novembro de 2023. O Grupo Municipal do PP de Xermade insta ao goberno do Concello a dirixirse ao goberno da Deputación Provincial para esixirlle que corrixa con celeridade os problemas que xorden por mor da auga nas vías da súa titularidade ao seu paso polo municipio e que realice, de cara ao futuro, un labor de prevención máis eficaz “se non é moito pedir”.
Os populares trasladaron esta solicitude aos responsables do goberno local para que insten á Deputación a arranxar as deficiencias na estrada que comunica Areosa e Sanche, na parroquia de Piñeiro, no punto que coincide coa estrada municipal que vai da Panda a Curra e Xestoso.
O portavoz, Antonio Riveira, sinala que “estes días de choiva os veciños tivemos que sortear os baches e foxos feitos na propia estrada pola auga debido á deficiente limpeza e o abandono tanto da administración provincial como da municipal; xa que o perigo está no propio cruce”.
“Pese ás queixas dos propios veciños e usuarios pasa o tempo sen dar unha solución de urxencia ao problema co conseguinte risco para a circulación, especialmente de noite que non se adiviña o risco que ten a estrada”, conclúe.























A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



