Ameijide: “Tomé segue desatendendo as competencias propias da Deputación e negando un trato igualitario aos veciños da provincia, mentres perfecciona o seu municipalismo de amiguetes”
Lugo, 25 de novembro de 2023. “José Tomé segue instalado na súa actitude ditatorial, discriminando a miles de veciños da provincia, ao seguir negándose a recibir e escoitar aos alcaldes que lle realizan peticións para mellorar os seus municipios, unicamente por representar as siglas do Partido Popular ou doutra formación que non sexa a do partido socialista”, explica o voceiro do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide.
Ante esta situación, o popular esixe a Tomé “altura de miras e unha actitude institucional que ata agora non mostrou” xa que “o único que está a facer ignorando aos alcaldes que non son do PSOE é dar as costas a miles de veciños da provincia que residen neses municipios”.
Unha afirmación que Ameijide sustenta nos datos obtidos do rexistro de entrada presencial da Deputación nunha soa semana (do 30 de outubro a 3 de novembro). Neses cinco días, rexedores de diferentes municipios da provincia e de diferentes signos políticos pediron a Tomé unha entrevista persoal, o arranxo das estradas provinciais ao paso polo seu municipio ou a posta a disposición dos medios do parque móbil neses concellos, entre outras solicitudes, “peticións que Tomé ignorou sen miramentos”.
“Cos datos dunha soa semana vemos como ignora toda petición que non veña dun alcalde que sexa amigo seu”, afirmou, ao que engadiu que “no Partido Popular hai alcaldes que nos últimos anos cursaron máis de 20 peticións de entrevista co presidente da Deputación e seguen agardando unha resposta”, denunciou.
A realidade que Tomé está instalando na provincia de Lugo “é a copia dun goberno de Pedro Sánchez, tratando ben aos amigos e castigando aos veciños do resto de municipios”, reafirmando deste xeito que “o camiño que guía a Tomé é do municipalismo de amiguetes”.



















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.
No acto acompañará ao autor o filólogo e escritor Ramón Reimunde.