O pasado sábado 18 de novembro houbo en varios puntos de Galicia un izado de bandeiras galegas, das deseñadas por Castelao. Por que ese modelo? Porque a xente convocadora así o decidiu. Entendo que foi por fuxir ó tempo da oficialidade actual e da estrela entendida como partidaria, pero o certo é que non o sei.
O caso é que un deses lugares foi a Frouxeira. Un símbolo de resistencia, para min controvertido no seu significado e ó que se lle podería poñer algunha tacha. Pero o caso é que alí foi, por decisión da mesma xente, a xente de Vía Galega.
O acto incluíu a lectura de varios poemas, dun manifesto, o izado da bandeira e a interpretación do himno. O día prestouse e o estar alí, só ou acompañado, con ou sen acto era unha gozada.
Ata aquí, todo normal. O caso é que aproveitei esa mesma tarde do 18 para colgar unha referencia no meu blog, Ribadeando, co título ‘18 de novembro, izado na Frouxeira’ (https://www.ribadeando.com/2023/11/18-de-novembro-izado-na-frouxeira.html). A entrada incluía un vídeo coa bandeira ondeando e a interpretación do himno por un gaiteiro, que non sae en imaxe. Para incluír o vídeo na entrada, cargueino en Youtube, unha das marcas de Google/Alphabet, e ó pouco de publicar (vino despois, pero ten como hora de entrada as 16:43) decateime de que tiña un correo onde se especificaba o seguinte:
“Hola, Antonio Gregorio: Se ha detectado contenido protegido por derechos de autor en tu vídeo “Izando a bandeira galega na Frouxeira”. Esto no afectará a la visibilidad de tu vídeo, pero ya no podrás monetizarlo. El titular de los derechos de autor lo está monetizando o está recibiendo estadísticas sobre el contenido. Esto no es una falta por infracción de derechos de autor ni afecta a tu canal.
Contenido utilizado
HIMNO GALEGO Última actualización: 18 de noviembre de 2023
Propietarios del contenido: LatinAutorPerf
Tipo de contenido: Melody or lyrics
Impacto en el vídeo: Sin impacto hasta que te hagas creador que monetiza contenido”
Como non ‘monetizo’ o blog, en principio, sin problema. Mais a cousa é que como se pode ver mesmo na Galipedia, nunha das ilustracións das entradas ‘Pascual Veiga’ ou ‘Eduardo Pondal’, ambos son os autores de música e letra, e pola data de falecemento de ambos, ambas están no dominio público. Outra cousa sería que o intérprete quixera reclamar dereitos pola interpretación.
Mais, loxicamente, non vai do que me afecte ou non a min, senón á comunidade. Dado a cantidade de veces que se executa o himno, mesmo que se grava coa única misión de difundilo, unha nota así deixa como mínimo algo de estrañeza. Que alguén ou algo chamado ‘LatinAutorPerf’ (a negriña na cita do correo é miña) se atribúa dereitos sobre o himno comunitario non o vexo normal. Podería elucubrarse que dita entidade rexistrara o himno poñamos, en Colombia o mes pasado, que presentara os dereitos de rexistro ante Alphabet e que estean a rular así. Algo que pode ser moi diferente á realidade, mais que dende calquera punto de vista que o mire entendo máis un atropelo que unha curiosidade.
Xa hai tempo, noutro dos produtos de Google/Alphabet, o Google Maps, custou longo que ría de Ribadeo deixara de aparecer co nome de ‘Ría de Ribambo’, e aínda non sei moi ben como sucedeu o cambio, que teño documentado. E non é o único caso semellante que me atopei. Por iso estou tentando difundir a historia para que quen teña posibilidade de facer un tratamento adecuado, sexa unha asociación, un medio, un partido, Deputación ou Xunta, ou o que sexa, tente aclarar que pasa e evitar que o himno sexa expropiado pouco a pouco como con outras cousas pasa e ten pasado.
















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



