Non sei se tamén vostedes se decataron estes días que hai moitas persoas-mesmo, sinceramente, xente que nunca tal pensaríamos- que queren ou coidan precisa unha remuda no goberno galego. Mais, ao tempo, moitas destas persoas semellan non considerar probábel que se produza esa remuda.
Velaí un importante risco para o PP canto á perda da súa maioria absoluta, mais tamén para as forzas do cambio (que semella haberían de se nuclear nomeadamente arredor do BNG e, nun segundo termo, do PSdeG) canto reflicte un risco de desmobilización.
Xa que logo, cúmprelle, primeiro a BNG e, nunha segunda orde, ao PSdeG, tentar aquelar no posíbel o terreo de xogo,. Malia que o próprio Rueda pense que pode ser inconveniente ou arriscado a dinâmica do ruído madrileño obrigará ao PP á españolización da campaña. Neste senso a alternativa dual BNG-.PSdeG precisará da continua afirmación da axenda dos intereses galegos e das solucións aos problemas galegos contra a devandita españolización, contra o ruído, o sinalamento e o insulto extremista.
A chave é a mobilización, achegando a participación urbana e perirubana a níveis propios das estatais. Porque son os concellos onde BNG e as esquerdas estatais obteñen mellores resultados os que menos participan nas nacionais galegas, mesmo com diferenzas de até seis ou sete puntos entre un e outro proceso. E esta mobilización require primeiro de que se fale da nosa axenda, evitando no posíbel ese ruído madrileño que de seguro há traer Feijóo e despois que o BNG e Ana Pontón mobilicen non só a base social do galeguismo políitico, senón ao conxunto desa Galicia moderna, activa e autónoma, representada nesas persoas que fan empresa e Universidade, investigan, fan posíbeis malia os recurtes deste Goberno galego os servizos públicos, loitan polo ambiente, pola dinamización do medio rural e pola promoción da nosa cultura e deporte. De xeito que o BNG sexa non só a casa común do galeguismo, senón da Galicia do cambio e mesmo de todas aquelas persoas que refuguen a polarización extremista da política española.
Canto ao PSdeG Besteiro habería esixir de Sánchez o rigoroso cumprimento do pacto de investidura co BNG, non se trabucar de adversário e construir sobre as súas fortalezas, nomeadamente o poder local, no canto de repenicar nesta campaña a dinâmica de bloques estatal. Asumindo Galicia como país autónomo e o cambio como o seu obxectivo real.
Porque o cambio virá se se da esta mobilización e concentración do voto. E esixe, primeiro de todo, que acreditemos que non só é necesario, senón ben real e posíbel.















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



