A liberdade de empresa inclúe a decisión, no marco da legalidade vixente, de onde se quere radicar o investimento empresarial. Mais de xeito ningún existe un dereito das empresas a elixir libremente os seus domicílios social e/ou fiscal. O domicilio social ha estar onde se dirixa a empresa de xeito efectivo ou onde estea a súa principal explotación económica. O domicilio social determina sempre o domicilio fiscal, agás que no mesmo non se dirixa efectivamente a empresa. Nese caso o domicilio fiscal será ese lugar de dirección e administración efectiva da mesma.
Xa que logo, a definición dos domicílios social e fiscal non lle pertence ás empresas, senón que está regulada legalmente. Velaí que unha simple reforma das Leis Xeral Tributaria e de Sociedades de Capital poida vencellar necesariamente os domicílios fiscal e social co territorio onde desenvolva a empresa a súa actividade económica principal. O que obrigaria ENCE, STELLANTIS ESPAÑA ou ALCOA ESPAÑA (entre bastantes outras) fixar os seus domicilios social e fiscal na Galicia, computándose no noso País as cotas tributarias dos Impostos de Sociedades que se recaden (dende 2027 acadarán polo menos un 15% do resultado de explotación). Un Imposto que podería ser cedido parcialmente a Galicia e outras Administracións autonómicas, como xa foron cedidos o IRPF e o IVE ( nun 50%) e máis os Impostos indirectos especiais (nun 58%).
No 2022 foron 185 as empresas galegas que mudaron o seu domicilio social a outros territórios do Estado, mentres que no 2021 foron 91. 4441 empresas con actividade económica neste País pagan os impostos en Madrid. A isto contribúe unha agresiva política fiscal da Comunidade madrileña, que lle permite deducir aos seus residentes o 20% dos seus investimentos no capital de sociedades que accedan ao antigo mercado alternativo bursátil (hoxendía BME Growth) até un máximo de 50.000 €, sempre que o domicilio social da nova cotizada se fixe na rexión madrileña.. É dicir, que se unha residente madrileña inviste 250.000 € nunha destas empresas de nova cotización, deducirá na súa base impoñíbel 50.000 €. Excuso contarlles as presións cotiáns dos fondos e outros operadores para trasladar a Madrid os domicílios sociais das empresas que queiran acceder á cotización bursátil do BME Growth.
Velaí as oportunidades que xurden para remudas do marco xurídico-político que benefician tanto ao autogoberno como ao desenvolvemento económico galegos cando non existen maiorias absolutas unionistas (quer unipartidistas, quer dos bloques estatais de dereita e de esquerda).
E, falando deste mesmo contexto fiscal, cumpriria coñécermos de vez as balanzas fiscais, canda tamén as balanzas ambientais e de intercambios comerciais entre as distintas nacións e territorios do Estado.. Mais que nada para irmos coñecendo se Galicia vive da solidariedade estatal ou, máis ben segundo as fontes máis autorizadas, se somos por nós propios un País de futuro.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



