A subdelegada do Goberno en Lugo entregou hoxe a MAVI no campamento de nadal do concello de Trabada para seguir a traballar por unha igualdade efectiva e real
Trabada, 28 de decembro de 2023. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, entregou hoxe a “MAVI: a Maleta Viaxeira Contra a Violencia de Xénero” no campamento de nadal do concello de Trabada para seguir a traballar por unha igualdade efectiva e real entre homes e mulleres a través dunha lectura que permita detectar e previr comportamentos e actitudes machistas.
A subdelegada presentou xunto á alcaldesa do concello, Mayra García, e á Xefa da Unidade de Violencia de Xénero da Subdelegación, María Luisa Castro, a maleta MAVI co obxectivo de combater actos derivados do sistema patriarcal en todos os concellos da provincia.
“Apostamos e facilitamos que os concellos se sumen a loitar contra esta violencia estrutural, defendendo que as administracións públicas deben seguir ofrecendo programas que contribúan á concienciación da sociedade”, asegurou, engadindo que “este é un asunto de estado e de gran relevancia social que perxudica gravemente a mulleres e nenas polo simple feito de selo”.
Isabel Rodríguez puxo en valor esta iniciativa “que segue a ter unha boa acollida nos concellos, cunha alta demanda da MAVI polo labor de sensibilización que se pode facer entre a veciñanza, e que provoca en moitas ocasións que as persoas se interesen por saber como actuar en caso de agresións ou actitudes machistas”.
Rodríguez fixo fincapé en que a base para loitar contra este tipo de violencias sostense na educación e a cultura, “por iso é tan importante fomentar a lectura con libros que se poñen a disposición da cidadanía para traballar temas que proliferen un pensamento crítico e de repulsa ante a discriminación por razón de sexo, así como a perpetuación dos estereotipos e roles impostos pola sociedade”.
Estes novos libros súmanse aos das maletas que xa pasaron por Viveiro, Sarria, Quiroga, Meira e Vilalba, así como aos dos centros penitenciarios de Bonxe e Monterroso. Son dúas as maletas que están a percorrer a provincia actualmente co material para traballar sobre esta temática e que seguen a misión de ofrecer unha nova mirada ante un problema que afecta e interpela a toda a sociedade.
MAVI
A maleta conta con once libros de literatura infantil e xuvenil para que poidan formar parte do proxecto persoas de todas as idades, incluíndo un diario onde poden expresar as súas reflexións e opinións sobre os contidos e as experiencias que tiveron a través da lectura.
Entre as obras que están na maleta atópanse títulos como “Insolación”, de Emilia Pardo Bazán; “Maternidades S.A. El negocio de los vientres de alquiler” de Laura Nuño; “La tierra de las Mujeres” de Sandra Barneda; “Mujeres invisibles para la medicina” de Carme Valls; ou “Desarmar la masculinidad” de Beatriz Ranea, entre outros.























O paseo comezará ás 20:00 h na rúa San Francisco, ao pé da igrexa, para continuar pola Praza de Abaixo e a rúa Antonio Otero, até chegar á Praza do Patín, xunto á Biblioteca Municipal El Viejo Pancho. Alí, ás 20:30 h, dará comezo a presentación da obra. A organización lembra con afecto as anteriores visitas de Souto a Ribadeo e confía en que, unha vez máis, se vivirá unha tarde especial guiada polo enxeño creativo do coruñés de Monte Alto, galego universal que levou as nosas letras polo Mar de Irlanda e polas corredoiras máis recónditas do país. A actividade está organizada pola A.C. Francisco Lanza.
O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web 



