Burela, 28 de decembro de 2023. Hai tan só uns días, o artista burelao Héctor Manasé estivo co alumnado do IES Monte Castelo nun taller encadrado no Festival Audiovisual da Mariña Imaxiña 2023.
A fotografía urbana protagonizou a xornada coa confesión de Héctor Manasé como unha das súas debilidades: “A foto de rúa encántame, esa sensación de ir na busca do momento exacto, é cuestión de segundos. Se non o captas cando aparece ao mellor non volves ter a oportunidade” explicou así ao estudantado o artista, inmerso agora no mundo da tatuaxe, co estudo Lagaña Tattoo, e a ilustración, como gran colaborador do festival de música Osa do Mar, que en 2024 cumprirá o décimo aniversario. Precisamente na persecución dese instante xusto traballa o fotoperiodismo, outra das facetas de Héctor Manasé, coa que se sente moi identificado: “Hoxe en día se me deran a escoller entre foto de prensa e tatuaxe, creo que me decantaría pola foto”, recoñeceu ante o alumnado burelao.
Baseándose no seu traballo en branco e negro (Instagram: @fodelocarrete), Héctor Manasé brindou algún que outro truco para conseguir unha foto con impacto. Os contrastes de luz, as diagonais, o xogo da chuvia, as luces das farolas… foron algúns do elementos que abordou, ademais da forza que pode achegar a figura humana e da fotografía arquitectónica. Ás veces na imperfección está a beleza, aínda que nas paisaxes “os horizontes teñen que ser perfectos; esa é unha lei irrompible”, advertiu.
Por último, Héctor quixo ensinar as cámaras coas que traballa habitualmente, en especial unha analóxica pola que sente moito aprecio: “A imaxe non ten a mesma nitidez pero precisamente ese é o encanto” confesou o artista multidisciplinario ofrecendo como último consello o rexeitamento dos filtros: “Aprendede a mirar e ver ao voso arredor para buscar a foto pura. Moitas veces é cuestión de camiñar, pasar tempo e estar atento ao que acontece. Iso é o bonito”.
Recta final para recibir as fotografías do concurso
Xa estamos na recta final. O prazo límite para recepción das imaxes do concurso Imaxiña 2023 será o sábado 30 de decembro (ata as 00.00 horas).
Ata agora destacan o IES Alfoz-O Valadouro, o IES Monte Castelo e a Asociación Saúde Mental da Mariña como os centros máis participativos na iniciativa da Fundación Imdecum, que conta coa colaboración da área de Cultura da Deputación de Lugo.
Nesta edición, coma nas anteriores, estarán dispoñibles dúas categorías. A de Estudantes terá aberta a participación de nove centros educativos de Secundaria da bisbarra comarca mariñá: IES Alfoz-O Valadouro, IES Marqués de Sargadelos, IES Perdouro, IES Monte Castelo, IES María Sarmiento, IES Vilar Ponte, IES Dionisio Gamallo, IES Illa de Sarón e IES de Foz. Na categoría de Asociacións participarán ASPANANE, Fundación Eu Son, Asociación Saúde Mental A Mariña e Asociación Camiña.
Cada categoría contará cun premio, un vale por 150€ para gastar en material fotográfico ou informático en Informática Lindín.
Xunto a Héctor Manasé e o presidente de Imdecum, Marcelino Luna, a 13ª edición do concurso contará tamén co criterio do burelao David Mon, director de Kaito Estudios SL, e da fotógrafa cervense Sabela Blanco, colaboradora habitual do certame.






















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



