Ribadeo, 22 de decembro de 2023. O carteiro real visitará Ribadeo o vindeiro 29 de decembro. Farao da man da Comisión da Cabalgata de Reis e de Acisa. O colectivo empresarial anima a veciñanza e visitantes a facer as súas compras de Nadal no comercio local.
A presidenta de Acisa, Carmen Cruzado, explicou que “xa estamos de cheo no Nadal, e polo tanto é un bo momento para anunciar algunhas novidades que tiñamos gardadas para estas datas como é a visita do Carteiro Real a Ribadeo o vindeiro 29 de decembro e un concurso fotográfico nas redes sociais, que poñemos en marcha mañá mesmo, e aproveitamos para lembrar todo o que Ribadeo ofrece nestas datas, nas que animamos a facer as compras no comercio local e a gozar da hostalería da nosa vila”.
O xerente de Acisa, Jesús Pérez, comentou que “o Carteiro Real estará esperando aos pequenos e pequenas no Photocall de Acisa Ribadeo instalado na rúa Rodriguez Murias, de 17:00 a 20:00 horas, e en caso de chuvia trasladarase ao Cine Teatro. Esta actividade está organizada xunto coa Comisión da Cabalgata de Reis, como agradecemento á colaboración dos comerciantes e hostaleiros de Ribadeo con este tradicional evento, así como coa colaboración do Concello, ao que lle agradecemos o seu apoio”.
Cruzado Iglesias anunciou que “como é sabido Acisa instalou un Photocall na rúa Rodriguez Murais, cunha preciosa postal de Nadal e cunhas letras corpóreas, que se converteu estes días nun punto de referencia moi especial, visitado e fotografado por veciños e visitantes. E a nos dende Acisa gustaríanos que a xente se anime a compartir esas fotos de festa e alegría nas redes sociais e por iso a partir de este sábado, día 23 poñemos en marcha un concurso en redes. Participar e moi sinxelo: so hai que facerse unha foto no noso Photocall, subila ao teu perfil de Instagram ou Facebook, entre o dia 23 de decembro e o 7 de xaneiro, mencionar a @acisaribadeo, e usar o hastag #NavidadRibadeo. Entre as persoas que cumpran os tres requisitos o día 9 de xaneiro sortearemos un par de regalos sorpresa de Acisa. Ademais, si nos mandan a súa foto ao noso WhatsApp 663 39 62 26 subirémola ás nosas redes para que todo el mundo a vexa”.
E engadiu: “e queremos recordar tamén que mañá, 23 de decembro, terá lugar un obradoiro de adornos de Nadal na academia de inglés Kids&Us. Unha actividade que dende Acisa Ribadeo facemos en colaboración con eles, para que os pícaros e picaras poidan estar entretidos mentres os mais maiores fan esas compras de ultima hora previas ao Nadal”.
Pérez Prada aproveitou para lembrar que “nos nosos comercios e na nosa hostalaría aínda se poden pedir as rifas para a XIII Festa do Comercio, e tamén os descontos para a pista de xeo de Ribadeo. Queremos recordar que nesta Festa do Comercio sorteamos 6.000 euros, e que por compras e consumicións en Ribadeo poderás obter un vale desconto de 2 euros na pista de xeo de Ribadeo. Polo que non hai escusa para non facer as compras na nosa vila. Ademais estamos moi satisfeitos de como está a funcionar a campaña de Nadal. Os indicadores que temos ata o de agora están sendo moi vos, por exemplo, tivemos que facer 10.000 vales de desconto mais, que se engaden aos primeiros 20.000 repartidos para a pista de xeo porque xa se esgotaran, e estamos a piques de rematar as rifas da Festa do Comercio, que en moitos negocios xa nos pediron que lles repuxeramos mais”.
A presidenta de Acisa engadiu: “polo tanto animamos a todas a veciñanza a seguir comprando e consumindo en Ribadeo, a seguir pedindo os vales de desconto para a pista de xeo e as rifas para a Festa do Comercio antes de que se esgoten e por suposto neste caso a gardalas ata a celebración do sorteo o vindeiro 13 de xaneiro”.






















Este venres, 14 de agosto ás 20.00 horas, terá lugar a presentación do libro "Espiritualidad", unha longa reflexión sobre a dimensión espiritual do ser humano, levada a cabo por 8 autores de diferences orientacións relixiosas, no Local Social do Parque Concepción Arenal (antigo matadoiro) de Ferreira do Valadouro. Estará presente o autor-coordinador da obra Pepe Peinó.
Estiveron acompañados polas dúas técnicas de Xuventude, para gozar dunha mañá nas distintas actividades que ofrece este parque de trampolíns. Pola tarde, o grupo parou a xantar no Lago das Pontes, onde puido coñecer a historia da súa creación e desfrutar dun baño. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa “Verán a Tope en Xove 2026”.
Evaristo Calvo, Rebeca Montero e Vítor Mosqueira interpretaron o pasaxe que recrea os últimos momentos do Mariscal Pardo de Cela e da súa muller, Isabel de Castro, antes da traizón da Frouseira. A acción cultural, coordinada por Carme Varela e promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, rende homenaxe ao gran dramaturgo do Valadouro no seu primeiro cabodano.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente arredor das 13:20 horas deste martes. Segundo varios particulares, dous turismos colidiran no quilómetro 79 da LU-862. Nun vehículo había un ferido, mentres que no outro unha persoa estaba atrapada, aínda que se atopaba en bo estado trala colisión. Desde o CIAE 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Viveiro, á Garda Civil de Tráfico e á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil do Vicedo. Unha vez no punto, a dotación de bombeiros puido liberar á persoa atrapada.
A Orquesta Mondragón con Javier Gurruchaga á cabeza e Fórmula V con Paco Pastor encheron de lembranzas e de ritmo a noite ribadense. Desde o Concello fan un balance moi positivo do concerto "xa que contribuíu á dinamización económica da nosa vila".
O Campo de Fútbol de As Valgas acolleu as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que pechou unha noite inesquecible.
Alí salientou o papel que desenvolve este evento no impulso dos produtos agroalimentarios de proximidade, ao tempo que favorece as canles curtas de comercialización. Destacou tamén a importancia deste mercado, considerado como un dos máis antigos da provincia de Lugo, xa que ofrece unha ampla mostra dos principais oficios de artesáns da Idade Media. Ademais, permite aos asistentes gozar de actividades variadas e degustar produtos agroalimentarios diversos.



