Foz, 12 de decembro de 2023. O Concello de Foz abriu ao público hoxe, martes, o parque infantil de tráfico situado no peirao de Foz, unha zona segura de 2.100 metros cadrados para aprender a andar en bicicleta. “Pensamos en que os espazos deben usarse, non permanecer pechados. Despois do traballo feito por alumnos da Escola Obradoiro e por operarios municipais rehabilitamos o parque de tráfico do porto de Foz, que agora abrimos permanentemente ao público. É un espazo idóneo para aprender a andar en bicicleta xa que estamos a falar dun circuíto de 330 metros de lonxitude con rectas de 60 metros nun entorno seguro, explica o alcalde, Fran Cajoto.
O espazo, no que tamén se permiten patinetes e patíns, pecharase unicamente en caso de xornadas organizadas pola Policía Local.
O concelleiro de Parques e Xardíns, Ángel Fernández Neira, engade que “a aula está aberta a todos os colexios que queiran programar unha xornada de educación vial, que será impartida pola Policía Local de xeito gratuíto. Para fixar unha data deben poñerse en contacto coa Policía Municipal e facer unha solicitude no rexistro do Concello”.
O uso polivalente do espazo segue a tendencia que se marcou no anterior mandato coas pistas deportivas de Pintor Laxeiro, situadas no recinto do CEIP O Cantel.
Tamén hoxe, martes, a Xunta de Goberno da Deputación de Lugo vén de aprobar un convenio de 120.000 euros co Concello de Foz para a renovación completa dos parques infantís de Julia Minguillón, Marzán e Cú do Castro, na praia de Llas.
“Seguimos a coidar as nosas rúas e os nosos parques, nos que todos os días xogan as pícaras e pícaros de Foz. Do mesmo xeito que fixemos no Paseo de Colón, na Rapadoira, na área de xogos da Praza de Galicia ou no parque de Uxío Novoneyra, grazas ao presidente José Tomé e á financiación da Deputación de Lugo imos renovar tres parques que están nun mal estado de conservación: Julia Minguillón, Marzán e Cú do Castro, en Llas”, indica o alcalde, quen especifica que “a renovación do parque de Julia Minguillón, de 250 metros cadrados e orzamentada en 63.000 euros, inclúe a substitución do chan de losetas por un pavimento continuo encapsulado de cores, no que se van a dispoñer entre outros xogos dúas estruturas con tobogáns, randeeiras e resortes. Os parques de Marzán -125 metros cadrados- e Cú do Castro, en Llas -153 metros cadrados- recibirán uns investimentos de 32.000 e 25.000 euros respectivamente e inclúen tamén a disposición de novos chans de pavimento continuo encapsulado e novos xogos e estruturas”.
Para rematar o rexedor municipal destaca: “seguimos traballando co obxectivo claro de crear entornos seguros e mellorar os espazos públicos da nosa vila e de todo o concello”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



