Os deputados populares pedirán que o Goberno de España reactive de inmediato a construción da A-74, elaborando e facendo público unha cronoloxía dos prazos e investimentos concretos que dea unha data aproximada para a conclusión da mesma
Lugo, 20 de decembro de 2023. “A parálise das obras da autovía da Mariña, a A-74 é un exemplo máis do abandono do Goberno central, dende a chegada de Pedro Sánchez ao Goberno do Estado, coas infraestruturas na provincia de Lugo”. Así o puxeron de manifesto o portavoz do Grupo Provincial Popular, Antonio Ameijide, e os deputados da Mariña acompañados por alcaldes e portavoces da comarca.
Os deputados populares defenderán no pleno deste mes unha iniciativa para que a Deputación de Lugo inste ao Goberno de España a reactivar de inmediato a construción da A-74, elaborando e facendo público unha cronoloxía dos prazos e investimentos concretos que dea unha data aproximada para a conclusión da mesma.
“Deste xeito quedaría probado que a A-74 é unha prioridade para o Goberno central, como o é para todos os veciños da Mariña e da provincia, dando así o PSOE un dos moitos pasos que ten que dar para saldar a gran débeda que ten contraída coa provincia de Lugo en materia de infraestruturas”, explicou Antonio Ameijide.
O voceiro popular recorda que esta é “unha infraestrutura estratéxica” para Galicia porque supón a mellora das comunicacións nesta comarca constituíndo a alternativa á N-642 para o tráfico de longo percorrido e tamén a mellora da súa conexión co resto da provincia e as comunidades autónomas do norte de España a través da A-8. “A realidade é que con este proxecto se daría servizo a unha das maiores zonas produtoras de madeira, portos pesqueiros de referencia, un porto de interese xeral do Estado e unha planta produtora de alúmina e aluminio”, recordou.
Dende o Grupo Provincial Popular poñen sobre a mesa que o Goberno do Partido Popular tiña orzamentado 3,6 millóns de euros para o 2018 e prevía investimentos para as seguintes anualidades, “pero coa chegada de Pedro Sánchez á Moncloa as partidas reducíronse de forma drástica tendo como resultado que non existe nin un só quilómetro executado tras 5 anos de Goberno de Pedro Sánchez”.
N-642, UN SOCAVÓN ABERTO DENDE HAI 11 MESES
Antonio Ameijide denuncia que “con todas as decisións tomadas dende Madrid e polo negociador do PSOE que hoxe é o seu candidato á Xunta” a provincia de Lugo segue illada en materia de infraestruturas.
No referente ao ferrocarril, a electrificación da liña entre Lugo e Monforte sen contemplar as variantes condena a Lugo a quedar sen alta velocidade, tamén queda fóra do Corredor Atlántico de Mercancías e a liña de FEVE na Mariña está practicamente desmantelada.
No que atinxe ás estradas, o Goberno do Estado non ten moito do que presumir á vista do mal estado de moitas vías da súa titularidade, a A-6 desviada pola N-VI ao seu paso por Pedrafita tralo derrubamento dos viadutos do Castro, a autovía A-54 sen rematar e o resto de autovías paralizadas (A-56, A-76 e a propia A-74) e a N-642 cun socavón aberto dende fai 11 meses e que continúa en obras sen data prevista para o restablecemento da normalidade do tráfico.
Precisamente este socavón que obrigou a cortar varios días o tráfico na zona da Areoura (Foz) a escasos metros da entrada a Burela a finais do pasado mes de xaneiro afectando á vida diaria dos veciños e veciñas da Mariña, evidenciou a necesidade da A-74 como vía alternativa.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



