Ribadeo, 13 de decembro de 2023. Ribadeo retira de xeito gratuíto 40.000 rodas das explotacións gandeiras. O alcalde, Dani Vega, agradece a colaboración da Xunta e o traballo conxunto realizado a prol da conservación do medio ambiente.
O rexedor subliñou que “máis de 40.000 rodas foron retiradas das explotacións de Ribadeo. Estamos realmente satisfeitos polo traballo feito. Quero agradecerlle a colaboración á Xunta de Galicia. Ese traballo conxunto deu os seus froitos”.
Vega indicou que “se trata de máis de 40.000 rodas que tiñan un destino, senón actuamos, como podería ser o monte, os ríos ou as parcelas e fincas nas que se atopaban. Estaban contaminando, non estabamos traballando na conservación do medio ambiente, nós isto sabiámolo cando estabamos na oposición porque moita xente nos trasladaba esa preocupación e tamén sabemos que moitas rodas estaban enterradas ou tiradas no monte ou a carón dos ríos”.
O alcalde dixo: “non podíamos permitir isto. Non nos podiamos quedar simplemente en saber que hai que actuar, pero non facer nada. O que fixemos cando chegamos ao goberno municipal foi inmediatamente actuar, xestionar a colaboración coa Xunta de Galicia e quedámonos abraiados con esa cantidade de rodas que superan as 40.000”.
Dani Vega tivo palabras de agradecemento: “esa axuda quérolla agradecer á Xunta de Galicia. É unha colaboración fundamental e moi importante e estamos a conservar entre todos o medio ambiente. Tamén agradecerlle a todas as persoas, aos gandeiros, que foron levar as rodas a eses dous puntos habilitados en Piñeira e en Cedofeita. Foron uns espazos seguros, hormigonados, cun punto de luz, cumprimos con toda a normativa e estamos actuando con responsabilidade e colaborando con todos os gandeiros. En practicamente ningún Concello se fixo esta campaña gratuíta, xa que calquera gandeiro noutro Concello que queira desfacerse desas rodas ten que pagar pola súa retirada”.
Para o rexedor “foi unha medida moi importante na que seguiremos traballando colaborando coa Xunta. Estamos satisfeitos desde o Concello de Ribadeo por este traballo conxunto e seguiremos nesta liña a favor da conservación do medio ambiente e deses espazos verdes dos que somos todos donos e temos a obriga de conservalos”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



