A Mariña, 25 de xaneiro, 2024. A Asociación Saúde Mental A Mariña continua a desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral” que, neste ano 2024, chega a súa quinta edición. Este programa está a ser cofinanciado pola consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedade, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade para o ano 2023.
Isto permite á entidade dar continuidade a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para as mulleres beneficiarias e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
O obxectivo polo que se traballa de forma continuada a través do Programa “Velando pola miña saúde integral IV” é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde. Trátase de facilitar a comprensión e asistencia e/ou seguimento das citas médicas e o cumprimento das indicacións dadas, así como de manter a estabilidade clínica favorecendo o seguimento das pautas farmacolóxicas e indicacións médicas, co fin de cumprir coas mesmas e contar co tratamento médico individualizado adaptado ás necesidades de cada usuaria.
Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde, entre outras.




















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



