A alcaldesa sinala a falta de comunicación e coordinación nas actuacións
Barreiros, 11 de xaneiro de 2024. O Concello de Barreiros vén de remitir un escrito á Xunta no que solicita información e coordinación para ser quen de “anticiparse ás situacións e ser capaces de dar respostas á altura do que a sociedade agarda das administracións e coñecer oficialmente e de primeira man que actuacións se desenvolven no Concello de Barreiros”.
A alcaldesa, Ana Ermida, lamenta a falta de información e a deslealdade coa que se está actuando desde a Xunta, mesmo despois de terse posto en contacto con varios estamentos desde o Concello e non recibir información algunha, mesmo manifestándose por parte de membros da Xunta ao reclamarse información sobre as actuacións que se desenvolvan en Barreiros “que cada quen debe xogar o seu papel”, o que ao entender da alcaldesa amosa claramente “a descoordinación e falta de lealdade institucional”.
Con todo, Ermida insiste en demandar coordinación e pon a administración local a disposición para “realizar coordinadamente as actuacións que sexan precisas para lograr o obxectivo final: protexer o noso litoral e limpalo cando sexa preciso o antes posible cos medios que existan”.
Reprodución literal do escrito enviado:
“Desde o Concello de Barreiros poñémonos en contacto con vostedes para demandar información e formación para afrontar a situación provocada polo verquido de “pellets” plásticos que está afectando á costa galega.
Ata este momento, o Concello está a realizar labores de vixianza e non ten constancia da chegada masiva destes residuos á nosa costa; porén carecemos de información oficial algunha e non recibimos ningunha información ao respecto por parte de ningún estamento da Xunta de Galicia.
Non podemos obviar que a sociedade galega está amosando a súa preocupación pola situación e a autoorganizarse co fin de realizar limpezas nos areais. Ante esta situación, sabendo da importancia de realizar estas labores de xeito coordinado e con coñecemento necesario para minimizar posibles afectacións ao medio, consideramos necesario que as Administracións coordinen as actuacións que poidan xurdir.
Desde o Concello de Barreiros amosamos plena disposición a colaborar e coordinar, mais carecemos de persoal con formación para tal fin. Igualmente, temos coñecemento do plan CAMGAL (que non nos foi remitido en ningún momento) no que se contempla no primeiro parágrafo que “a formación será proporcionada polo Servizo de Voluntariado da Xunta de Galicia (teléfono 900 400 800)”
Ante tal situación, a Agrupación de persoas Voluntarias de Protección Civil de Barreiros dirixiuse no día de onte, por orde expresa da Alcaldía, a dito teléfono para solicitar dita formación. A chamada foi remitida a un correo electrónico no que se contestou que se se está interesada en realizar labor de voluntariado “recomendámosche que te poñas en contacto con algunha entidade de acción voluntaria que se esté levando ou vaia levar a cabo algunha actuación, posto que xa sabes que o voluntariado debe realizarse dentro dos parámetros establecidos na Lei 10/2011, de 28 de novembro, de acción voluntaria de Galicia”.
Vista a situación de falla de planificación e coordinación, vendo ademais as previsións emitidas a respecto da evolución da situación na fin de semana, e sabendo do interese social por organizar labores de limpeza, este Concello considera que debe suplir a inacción do Goberno da Xunta e dotar as persoas voluntarias de coñecemento e medios para garantir que as accións que se leven a cabo sexan o máis seguras posible para as persoas e o medio.
Neste sentido, reiteramos a solicitude de medios de formación tanto para as persoas voluntarias da agrupación de Protección Civil como para aquelas outras que queiran participar nestas actuacións de xeito altruísta.
En caso de non contar con esa formación, consideramos que os custos que poida causar esta actuación ao Concello de Barreiros, deben ser trasladados á Administración da Xunta no marco do sinalado polo conselleiro do mar na misiva enviada a algúns Concellos en días pasados.
Agardando a súa pronta resposta, quedamos á súa disposición”.




















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



