Viveiro, 18 de xaneiro, 2024. Retómase neste inicio de 2024 a colaboración que xa ven sendo habitual con Cines Viveiro e Prato-Do. Trala boa acollida entre o público que tivo esta promoción nas súas anteriores edicións, poñémola de novo en marcha pero con varias novidades có fin de mellorar a actividade o máximo posible.
O obxectivo segue a ser o de poñer en valor o cine, e achegar a cultura cinematográfica ós mais novos, pero sempre desfrutando dende unha butaca de sala de cine e nunha gran pantalla.
Por este motivo, o CCHV, a Asociación Prato-Do co seu proxecto Viveiro Sostible e Cines Viveiro continúan a sumar forzas para acadar a visibilidade que merece o esforzo que conleva ter películas de primeira, estreos ó mesmo tempo que no resto do territorio nacional, nun cine local.
Serán vales desconto de 2€ para poder ver, nesta ocasión (antes eran 3), 4 películas de animación e aventuras a elexir, “Migración” “Wonka” “Vampiro al Rescate” y “El Fantasma de Canterville”.
En aras de seguir mellorando a experiencia, imos poñer en marcha a promoción unha fin de semana para Viveiro e outro fin de semana para a Mariña Occidental. Polo que haberá vales tanto para o 20 e 21 como para o 27 e 28 de xaneiro. Na primeira fin de semana poderanse beneficiarse os nenos dos colexios de Viveiro e na seguinte fin de semana serán os nenos dos colexios da mariña occidental.
Para a primeira fin de semana os vales serán entregados nos colexios de Viveiro, CEIP Pedrosa Latas de Celeiro, CEIP Landro, EEI San Roque, CEIP Plurilingüe Santa Rita de Galdo, CEIP Plurilingüe de Covas e o CEP Lois Tobío, e na segunda fin de semana entregarémolos nos colexios de O Vicedo, Xove, Cervo e Burela, chegando así a outros colexios da comarca.
É importante recalcar que é necesario entregar o vale físico en taquilla para que se poida aplicar a promoción. Se acude un núcleo familiar e os rapaces entregan os vales, tamén se lles aplicará o desconto ó resto de membros desa unidade familiar.
Así pois, o desconto será directo ó presentar o vale en taquilla, pero tamén se pode canxear previamente ó comprar a entrada online en www.cinesviveiro.com cas indicacións que figuran no propio vale, este sistema é moi rápido e sinxelo e garantiza que xa tes o teu sitio reservado ó chegar, aínda que no momento de entrar non exime de entregar igualmente o vale na entrada. O aforo é limitado e por iso se recomenda o sistema de sacar a entrada online. Igualmente, o cine abrirá as súas portas 30 minutos antes do inicio da sesión para que a xente poida ir con tempo e así intentar evitar as esperas.
O cine está en funcionamento con películas tódalas fins de semana, estreas aquí ó ladiño da casa e que podemos aproveitar para vivir “experiencias” xunto ós nosos.
Apostamos por crear sinerxías entre sectores e axudar á recuperación do sector audiovisual. O éxito das pasadas convocatorias fainos repetir novamente esta colaboración a 3 bandas e extendela por outras poboacións da comarca.





















Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



