O novo recurso de apoio ás crianzas e ás familias estará situado no edificio do Ecomuseo, cedido pola Administración local no pleno ordinario celebrado esta tarde
Cervo, 22 xaneiro de 2024. O Concello de Cervo albergará un Punto de Encontro Familiar (PEF) que dará cobertura a todos os municipios da Mariña. O novo recurso situarase no edificio do Ecomuseo, en Cervo cuxa cesión por parte da Administración local foi oficializada no pleno ordinario celebrado esta mesma tarde.
O edificio será adecuado pola Xunta de Galicia para converterse no noveno Punto de Encontro Familiar de Galicia –existe un en cada unha das 7 grandes cidades e un punto comarcal en Ribeira-.
A rexedora, Dolores García Caramés, apuntou que “é unha moi boa nova para Cervo” poder acoller este servizo tan necesario na sociedade actual, dándolle así un uso público e social a este edificio que ademais é unha instalación municipal tan simbólica para todos os cervenses xa que foi a antiga Casa do Concello; un emprazamento que desde a Consellería de Política Social consideraron idóneo “pola súa situación e polas características do inmoble” como lugar seguro para realizar as visitas establecidas por lei dentro dun proceso de separación, divorcio, nulidade,tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar; así como cando o exercicio do dereito de visitas se poida ver interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.
Trátase -engadiu- dun recurso fundamental para as familias e moi especialmente para as crianzas que se atopan en situación de desprotección “co fin de preservar, nun espazo neutral, a relación entre os menores e os membros da súa familia nestas situacións complicadas”; buscando sempre a seguridade e o benestar dos menores, ante todo.
Esta prestación evitará ademais, a obriga das familias de desprazarse máis de 100 quilómetros para acudir ao PEF de Lugo, que ata agora era o recurso máis próximo de referencia.
O edificio, situado na Rúa do Muíño, 2, cuxa data de construción foi no ano 1880, está composto de planta baixa e piso alto, ocupando unha superficie construída duns 232 m2.
Entre as intervencións que se realizan nos PEF están as entregas e recollidas dos menores, as visitas tuteladas ou as visitas supervisadas.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



