Preto dun cento de crianzas participaron na completa axenda de actividades lúdico-didácticas programadas, especialmente, para axudar ás familias nestas datas
Cervo, 5 de xaneiro de 2024. O Concello de Cervo clausurou este venres unha nova edición do programa Cervo Concilia no Nadal, que deu comezo o 22 de decembro e que se prolongou durante todas as vacacións escolares “co fin de contribuír o máximo posible á conciliación das familias nestas datas”.
Máis de 80 crianzas de entre 3 e 12 anos, e divididos en catro clases, desfrutaron dunha completa axenda de actividades educativas e lúdicas pensadas para a diversión e o aprendizaxe, dirixidas e coordinadas por un equipo humano conformado por oito monitores/as.
A temática do Nadal foi a base de moitas das iniciativas deseñadas tanto dentro das aulas situadas na Casa do Mar, como no exterior, naqueles días nos que o tempo acompañou.
Así, as crianzas fixeron manualidades, diferentes xogos, ensaiaron as badaladas ou puideron desfrutar, por exemplo, do tren de Nadal na Praza dos Campos, entre outros moitos pasatempos e actividades educativas.
Como broche de ouro, este venres, esmeráronse ao máximo na organización dun concurso de talentos no que exhibiron as súas dotes artísticas, e tamén desfrutaron dunha doce merenda a base de roscón de reis e chocolate e cada neno recibiu un agasallo de regalo.
A rexedora, Dolores García Caramés, e a tenente de alcaldesa, Mali Méndez, quixeron compartir esta xornada de despedida con todos eles, agradecendo “a entrega e a implicación dun equipo de monitores/as de luxo”, así como tamén “a confianza das familias neste programa que edición tras edición supera cifras de asistencia” o que é síntoma de que é unha ferramenta útil e proveitosa para as familias nestas datas nas que conciliar ás veces non resulta tarefa sinxela.
Caramés comprometeu así mesmo a continuidade deste programa “polo que levamos moitos anos apostando firmemente desde o Concello de Cervo”.



















O lume iniciouse ás 14.51 horas e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 7 axentes, 11 brigadas, 12 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
Esta cita, xa consolidada dentro da programación estable do centro, permitirá ao público gozar dunha mostra do traballo artístico e formativo desenvolvido ao longo do curso polo alumnado da especialidade. A actividade constitúe unha oportunidade para achegar a danza á cidadanía e poñer en valor o esforzo, a dedicación e a evolución das alumnas e alumnos participantes.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.



