Tivo palabras de agradecemento para “os tres presidentes socialistas que confiaron en min, José Ramón Gómez Besteiro, Darío Campos e José Tomé”, para os compañeiros de grupo e en xeral da Corporación, e para o persoal da institución, co que “fomos capaces de acadar tantos logros para a provincia”, destacando o modelo público de residencias
Lugo, 12 de xaneiro de 2024. Mayra García Bermúdez formalizou este venres no Pleno a renuncia como Deputada provincial para concorrer ás eleccións ao Parlamento de Galicia, subliñando o seu firme compromiso de “seguir defendendo e traballando por e para esta provincia”. “Foi unha honra e un privilexio poder formar parte desta Corporación durante estes preto de oito anos e facelo dende o Goberno, pois nel recae a capacidade de xestión do público e é onde verdadeiramente temos a capacidade de mellorar a vida dos nosos veciños e veciñas”, subliñou.
Mayra García tivo palabras de agradecemento para “os tres presidentes socialistas que confiaron en min, José Ramón Gómez Besteiro, Darío Campos e José Tomé”, para os compañeiros de grupo e en xeral da Corporación, e para o persoal “desta magnífica institución”, cos que “fomos capaces de acadar tantos logros para a provincia”.
Destacou neste sentido o modelo público de atención aos maiores que a Deputación, en colaboración co concellos, deseñou e implantou nas residencias, “un modelo de proximidade e centrado na persoa, co que se pretende que os maiores manteñan o vínculo co lugar onde viven, cos seus familiares, amigos e veciños, e cun sistema progresivo e redistributivo no pago do custe do servicio para que poidan acceder con independencia do seu poder adquisitivo”. “Continuamos con este proxecto que arrancaba no 2010 con José Ramón Gómez Besteiro”, dando “un paso decisivo para dar resposta ás necesidades dos nosos maiores, contribuíndo a fixar poboación, un dos maiores retos aos que se enfronta o rural, e a reactivar a economía local e comarcal”.
Así mesmo, tivo un recordo para “as mulleres que me precederon, que criaron e coidaron das súas familias, que sen estudar deron estudos ás súas fillas, porque, se hoxe podemos ocupar os espazos de maneira máis visible é grazas a elas”. “A loita pola igualdade é imparable”, remarcou.
O Presidente da Deputación afirmou que hoxe “é un día que ten un dobre sentimento, por un lado un sentimento de alegría porque Mayra vai empezar unha nova etapa concorrendo ás eleccións autonómicas, e triste porque nos deixa unha deputada con criterio, que sabe defender as súas ideas”. “É unha muller que eu vin nacer na política e alégrame moito ver como creceu como persoa e politicamente, e sobre todo, ver o percorrido que lle queda, polo tanto unha alegría ver que pode seguir medrando porque ten capacidade para iso, e triste porque nos abandona unha estupenda deputada”.
No próximo Pleno tomará posesión como Deputada Carmela López, Alcaldesa de Burela.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



