Rendeuse contas e comentáronse os actos que se celebraron: as clases de apoio no verán ao que asistiron 12 nenos; a comida de confraternidade coa homenaxe a Pepe Dacosta e Chemi Lombardero, presidente e secretario saíntes; a entrega dos agasallos para os usuarios do Centro de Día La Concordia e que foi feita polos alumnos de O Bosque Animado que, ademais, fixeron unhas fermosas postais de Nadal e os alumnos de Vírgula que os deleitaron cun magnífico concerto de panxoliñas. Tamen falouse dos proxectos para o ano 2024. Finalizada a Asemblea todos os socios asistentes puideron compartir un viño galego acompañado de petiscos e unha agradable conversa.
![O pasado 16 de decembro celebrouse a Asemblea Anual da Asociación A Concordia, de Ribadeo](https://www.cronica3.com/wp-content/uploads/2024/01/IMG-20231218-WA0036-3-1024x461.jpg)