“Queremos garantir as mellores condicións de vida e cotas de benestar”, afirmou a candidata
Lugo, 29 de xaneiro 2024. A cabeza de lista do BNG ao parlamento galego, Olalla Rodil, presentou as propostas do BNG no eido da política social e de benestar. Rodil anunciou que o BNG, a partir do 18 de febreiro, creará un Servizo Galego do Benestar, “un sistema de xestión público, similar ao SERGAS, que garanta o acceso de toda a poboación aos servizos sociais”. A proposta do BNG contempla a creación dun só ente público que xestione as residencias de maiores, os servizos de axuda no fogar e os centros para persoas con discapacidade.
“O envellecemento poboacional de Galiza supón un reto que debemos afrontar, nunca un problema”, explicou a candidata do BNG, que engadiu “o goberno de Galiza ten que garantir o dereito a envellecer no propio fogar coas mellores condicións de vida posibles”.
Actualmente, a poboación galega é unha das poboacións máis lonxevas do mundo, desde o BNG poñerase a disposición de todas as persoas maiores unha rede de servizos públicos fortes que permitan envellecer nas casas, xunto cun programa de prevención da dependencia e de promoción da autonomía persoal, “garantindo a calidade de vida a todas as nosas persoas maiores”, afirmou Olalla Rodil.
A proposta do Servizo Galego do Benestar contempla a creación dun só ente público que xestione as residencias de maiores, os servizos de axuda no fogar e os centros para persoas con discapacidade.
Ademais, propón reformular o modelo do Servizo de Axuda no Fogar, de forma que se poida prestar este servizo ao maior número de persoas maiores en situación de dependencia garantindo criterios xerais na prestación do servizo, xunto cun novo Impulso dun novo modelo de residencias baseado na Proposición de lei galega de residencias elaborada polo BNG na presente lexislatura, que garanta unha xestión centrada nas persoas e cunha rede pública ampla.
O BNG ampliará tamén a rede de centros de día públicos priorizando a súa implantación nos concellos que actualmente non dispoñen deste servizo e aqueles nos que existe maior demanda, garantindo un enfoque preventivo da dependencia e promoverán un envellecemento saudable ademais de sinerxias interxeracionais. Ademais, crearanse novos centros de noite ou opcións non institucionalizadas de vivenda compartida para aquelas persoas que non desexen pasar a noite en soidade e ampliarase a implantación de teleasistencia básica e avanzada como mecanismo de monitorización dirixido, especialmente, á poboación que vive soa.





















A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



