O líder dos populares galegos presenta un programa “realista e realizable” que fai súas as prioridades dos galegos e aspira a consolidar “a Galicia que funciona” a través de 870 medidas recollidas nun documento de más de 170 páxinas
Lugo, 27 de xaneiro de 2024. O presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, presentou hoxe en Lugo o programa electoral co que aspira a obter a súa primeira maioría absoluta a través dun total de 870 medidas baseadas nas prioridades dos galegos e pensadas para a que a nosa Comunidade siga sendo unha referencia de serenidade, apertura, sentidiño, fiabilidade, confianza, traballo e unión. “O programa da Galicia que funciona”, sintetizou.
Dese total de propostas recollidas nas 177 páxinas do documento programático dos populares galegos, o presidente quixo destacar o compromiso de que Galicia duplique o seu parque público de vivenda, pasando das 3.800 vivendas públicas actuais a 8.000 en 2028. E, nesta mesma liña, que para ese ano haxa tamén a disposición dos galegos, en réxime de alugueiro e a prezos accesibles, un total de 20.000 vivendas protexidas.
Un compromiso que quixo subliñar hoxe para exemplificar a diferenza entre aqueles que fan promesas irresponsables a pesar de saber que non se poden cumprir e aqueles que adquiren compromisos realistas e adaptados ás necesidades persoas contando cos recursos para materializalos.
“Eu preséntome ás eleccións consciente do feito ao longo deses anos e do moito que queda por facer, para mellorar, para seguir orientando as nosas políticas ao que demanda a xente que é destinataria delas e para seguir servindo ao pobo de Galicia con lealdade e sen outra dedicación que aos galegos e galegas. Para iso é o programa que presentamos”, explicou.
A GALICIA QUE QUEREMOS PARTINDO DO BALANCE DO CUMPRIDO
Alfonso Rueda indicou que o seu programa electoral é un documento onde se recolle a Galicia que quere e que é o resultado de analizar o que se fixo nestes e o que se quere facer a partir do 18 de febreiro. De aí que incidise na importancia de obter a credibilidade e a confianza da xente a través do cumprimento da palabra dada: “O primeiro desafío dun político é ter palabra, porque quen ten palabra xera confianza. E a confianza gáñase prometendo só aquilo que sabes que podes facer”.
“Nós non temos unha folla de ruta en branco. O que temos é un balance de xestión de 15 anos con acertos e erros, pero coa confianza de que cada vez que os galegos examinaron o feito e o que nos comprometemos a facer, outorgáronos a súa confianza”, afirmou para acto seguido referirse a aqueles que “prometen calquera cousa porque nunca gobernaron” e aos que “en canto gobernaron houbo que botalos”.
Ese balance é no que Rueda quere apoiarse “para que a xente crea que o que queremos vai ser unha realidade ao igual que o foi todo aquilo do que agora mesmo podemos presumir”. E puxo como exemplo disto o incremento das exportacións de Galicia, as baixadas de impostos, o aumento do investimento na sanidade pública, a implantación da gratuidade das escolas infantís, a redución da taxa de abandono escolar, o liderado na loita contra o cambio climático ou a creación de 30.000 novos postos de traballo nestes anos.
“AVENCEMOS CON UNIDADE, CON CERTEZAS E CON RESPONSABILIDADE”
O presidente remarcou que o seu programa é “realizable” e que nel “non hai nada que non se poda sufragar cos cartos que hai no Orzamento deste ano ou dos anos vindeiros”. De feito, considera que precisamente esa capacidade de ser realizable é o que fai “ambicioso” a este conxunto de propostas.
“Se os galegos me dan a súa confianza, eu non vou ter que chamar á porta da Moncloa para preguntar que podo facer ou que non, nin vou ter que facer renuncias e escuras negociacións ou depender dos independentistas vascos e cataláns. Porque eu só estou disposto a pactar coa xente á que lle pido a confianza a través deste programa”, engadiu.
Un programa cuxas propostas están pensadas “para a Galicia das persoas que necesitan servizos públicos de calidade, para a Galicia que prospera e para a Galicia que avanza”. Un compromiso co avance para o que Rueda fixo un chamamento aos seus: “Temos que seguir avanzando apoiándonos no feito, con unidade, con certezas, con responsabilidade e sen prometer nada que non se poida facer”.
“EU NON QUERO QUE SE LLE NEGUE NADA A NINGUÉN, PERO TAMPOUCO QUE A NÓS SE NOS NEGUE TODO AQUILO AO QUE TEMOS DEREITO”
O presidente e candidato do PPdeG quixo tamén referirse á visita de Pedro Sánchez hai uns días a Ferrol na que prometeu unha fragata que “hai uns meses o propio Goberno central dicía que non ía facer e sen que a propia Mariña Española tivese constancia deste anunciou”. Unha actitude ao que, engadiu, os galegos xa están tristemente acostumados.
“Cando o candidato socialista presume de ser o gran conseguidor, o que realmente está a mostrar é como funcionan realmente os partidos que prometen moito e non fan nada: e seis anos de Goberno socialista en España, nada para Galicia e todo agora a tres semanas das eleccións”, explicou.
Unha situación de incumprimento xeneralizado que fixo extensiva a outras cuestións de gran importancia para Galicia como as referidas á situación de empresas como Altri ou Alcoa, ou a situación de infraestruturas como a A-6.
“Non podemos tolerar que se lle dea aos de sempre o que se nos nega a todos os demais. Eu non quero que se lle negue nada a ninguén, pero non vou permitir que a nós se nos negue aquilo ao que temos dereito”, concluíu Rueda afeando ao nacionalismo galego a súa “complicidade necesaria” ao respecto destes agravios e a súa incapacidade para “non conseguir nada” de Pedro Sánchez “a costa de tomarlle o pelo aos galegos”.

















O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.
Malia a intensa calor, o pavillón encheuse de público para gozar das actuacións das numerosas alumnas, que ofreceron exercicios individuais, por parellas e en grupo, destacando pola súa beleza e dificultade técnica ao ritmo da música escollida. Ao remate, a concelleira Ana Rubal entregou medallas ás participantes, que tamén agradeceron o traballo e os valores transmitidos pola súa monitora, Lorena Fernández. Lémbrase que a festa de clausura das Escolas Deportivas terá lugar o luns 29 ás 19:00 horas, nun acto conxunto co Concello de Alfoz, no que haberá diversas actividades de celebración e a entrega de diplomas.
A cantante e instrumentista asturiana Mónica Acevedo actuará en formato solista, mentres que o equipo do local ofrecerá un menú especial con pratos como o tartar de xarda, gañador do “Ribadeo Sabe”, gazpachuelo de tempada, lomo de sardiña con berenxena afumada, cóctel de lagostinos, bonito de Burela con melocotón asado e sopa de cebola, e solombo de porco celta con xudías tenras. A cita comeza ás 21:15, con prazas limitadas e reserva imprescindible.
A xornada incluíu tamén o IV Torneo de Pádel, que continuará durante a fin de semana. O evento, organizado polo Concello xunto con ASAPA e Miño Vivo e coa colaboración da Xunta, recupera unha iniciativa nacida hai catro anos a petición da mocidade, coa intención de consolidala no tempo. O tenente de alcalde, Marcos García Lombardero, destacou a alta participación —catro veces maior ca na primeira edición— e agradeceu a implicación de entidades, colaboradores e asistentes, así como a presenza de representantes da Xunta, do Parlamento e da Deputación.
Adultos, nenos, familias, grupos de amizades fixeron o percorrido nun día espectacular de sol e cunha temperatura de 26º á hora da saída. Acudiron á cita o presidente provincial da AECC, José Manuel Rozas, o alcalde de Ribadeo, Dani Vega, as concelleiras e concelleiro ribadenses, Marta Saiz, Begoña Sanjurjo, Elena Sierra e Francisco José Silvent, a presidenta e o xerente de Acisa, Carmen Cruzado e Jesús Pérez, así como representantes da AECC de Ribadeo coa súa presidenta, Tea Martínez, á cabeza. A II Andaina Ribadeo en marcha contra o cancro contou co patrocinio de Solán e Acisa Ribadeo e coa colaboración do Concello de Ribadeo, Eroski e 2M.
Foi unha xornada máxica na que a música e a convivencia se deron a man nunha contorna única. Os instrumentos de corda encheron de melodías os xardíns do centro, creando unha atmosfera especial que emocionou ao público asistente e puxo en valor o talento e a ilusión da mocidade. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, non quixo perderse esta cita tan especial e desfrutou da tarde xunto ás persoas usuarias, e o persoal do centro. Durante o encontro, agradeceu o convite e felicitou á organización por promover actividades que fomentan a cultura, a inclusión e os espazos de encontro entre a veciñanza.



