Falar de xeito xeral sobre un tema leva consigo que se podan escapar particularidades, ó tempo que permite trazar as liñas máis claras fóra desas excepcións. Coido que hai que ter iso en conta ó facer unha análise, por lixeira que sexa, dunha cita que atopei hai pouco nun xornal de difusión en Galicia. Traducida do castelán, sería: “O autoconsumo e as medidas de eficiencia enerxética están baixando a demanda e isto comeza a preocupar ás empresas enerxéticas’
Cabe lembrar que as empresas enerxéticas (polo menos, as grandes) levan tempo sendo subvencionadas e protexidas institucionalmente de diversos xeitos; en teoría, en base ó seu lugar estratéxico na produción e consumo de calquera tipo de ben. Cabe lembrar que ditas empresas son das máis beneficiadas por apaños regulamentarios como a definición tarifaria. E cabe lembrar tamén que están afeitas a cooptar políticos nos movementos de ‘portas xiratorias’ de todas as cores, formando ó tempo tanto un importante grupo de presión tanto a nivel europeo como, sobre todo, estatal, como un bosque de tarifas, redes empresariais e contactos con bufetes de avogados que fan que o cumprimento das súas obrigas coa xente e a súa relación co fisco sexa ‘fluída’.
Quen non tivo enfrontamento algún cunha empresa enerxética? A dependencia de abastecemento, xunto coa desproporción de potencia económica e recursos en xeral deriva nunha relación que se pretende de submisión do consumidor fronte á empresa distribuidora e en conxunto, ó conglomerado empresarial que controla a enerxía dende a súa produción ata o interior mesmo das nosas casas. Sen contar coa cantidade de xente que observou irregularidades nas facturas e nin reclamou ou non foi máis aló dos primeiros pasos (onde che din como resposta ‘si, é así, temos razón’ sen nin considerar os feitos), algúns fixemos a reclamación, despois de varias idas e vidas, déronnos a razón, máis adiante dun ou outro xeito restituíron os cartos en parte…
Pero non me decato de coñecer ninguén a quen lle restituíran todos os cartos (incluídos custes que ‘eles’ cargan por operacións das que non tes culpa), nin demoras, nin moito menos, restitución por prexuízos…
E agora, despois de instigar ó goberno a, na práctica, ter licenza para apropiarse dos excedentes de autoprodución dos particulares se queren ter conexión ó sistema eléctrico, de crear complexas redes para ter impunidade na nova instalación de artefactos de produción a partir de fontes renovables, despois de estimular a demanda en contra das peticións da terra que non quere ser espoliada nin contaminada, despois de ganancias que cada ano marcan un novo máximo, comezan a preocuparse porque está baixando a demanda. Máis aínda cando en pleno aumento do parque de vehículos eléctricos, ou dos aparellos de aire acondicionado, ou do tamaño dos televisores, non parece que, se a baixada é real, non sexa máis que conxuntural ou localizada.
Agora, é hora de lembrar o que puxen ó comezo. Pregunto: excepcións? E tamén: quizáis se poidera amañar con empresas comunitarias ou públicas? Ou, volvendo á cita que fixen, é tan malo que se consuma menos?


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



