O titular de Mar trasladou o compromiso da Xunta de seguir traballando na formación, información e mellora das condicións de traballo destas profesionais que permita continuar avanzando na remuda xeracional
Burela, 13 de febreiro do 2024. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, enxalzou o destacado papel das redeiras no sector pesqueiro cuxa actividade é indispensable para o desenvolvemento da actividade da frota galega cuxo arraigo cultural na nosa comunidade fai que sexan unha figura indispensable da estampa marítima de Galicia. Así o manifestou o responsable autonómico na xuntanza co colectivo de redeiras Cabo de Burela na nave de redeiras do peirao burelés onde tamén abordou as necesidades das profesionais desta zona.
O conselleiro trasladou o compromiso da Xunta de Galicia de continuar traballando da man das profesionais no ámbito da formación, información e mellora das súas condicións de traballo. Nesta liña puxo en valor a importancia de profesionalizar o sector a través dunha formación especializada e de diversificar a súa actividade co obxectivo de aproveitar novas oportunidades de negocio a través doutros ámbitos como son a moda, os complementos ou a decoración que lles complementar os seus ingresos en períodos de inactividade.
Tamén enxalzou o asociacionismo como outro dos piares deste colectivo, composto nun 90% por mulleres, grazas ao cal alcanzaron importantes logros como a mellora das súas condicións na xubilación co recoñecemento do coeficiente redutor, unha das súas demandas históricas que contou co apoio da Consellería do Mar. Uns avances que sumados o labor destas profesionais na divulgación da súa actividade entre as novas xeracións busca avanzar na remuda xeracional dun dos oficios mariñeiros máis antigos para que continúe a formar parte do patrimonio cultural galego e figura nun lugar destacado na Plan da Cultura marítima de Galicia.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



