Cinco maxistrados da Sala do Penal do Tribunal Supremo (TS) decidiron o 29-F por unanimidade, contra do critério da Fiscalía e seguindo o ronsel da proposta do maxistrado instrutor da chamada “Audiencia Nacional” (AN) Gª Castellón investigar ao president Puigdemont e ao deputado no Parlament R. Wagensberg (ERC) por presuntos delictos de terrorismo desenvolvidos en outubro de 2019 pola plataforma tecnolóxica Tsunami Democratic, que convocou diversos actos de protesta pública contra a sentenza do mesmo TS que condenara a moi graves e desaqueladas penas de cárcere ao vicepresidente Oriol Junqueras, aos consellers Rull, Turull, Romeva, Forn e consellera Bassa e á presidenta do Parlament C. Forcadell.
O TS extende de xeito excepcional o concepto legal de terrorismo vixente no Estado dende o 1 de xullo de 2015, logo da reforma do Código Penal imposta polo bipartidismo dinástico PP-PSOE. Na altura ampliouse o concepto de terrorismo ás condutas de persoas non integradas nunha organización, para abranguer aqueladamente as condutas de determinados terroristas yihadistas, na liña proposta pola UE. Mais tamén abriuse a vía para criminalizar o chamado “terrorismo de baixa intensidade” ou de rúa. Deste xeito, o TS considera agora terrorismo a protesta desenvolvida por Tsunami Democratic ao considerar que: i) se cometéron pola devandita plataforma teconolóxica, delictos de coaccións no aeroporto barcelonés de El Prat o 14 de outubro de 2019 ao dificultar determinadas saídas de vóos dende o mesmo, ao tempo que se puideron cometer delictos de lesións a respecto dalguns policías neses feitos e nas protestas ulteriores e tamén delictos de falsificacións dos cartóns de embarcamento que posibilitaron que milleiros ingresaran no aeroporto sen vóo contratado, ii) que eses delictos foron cometidos cunha finalidade de grave alteración da paz pública e iii) que os delictos son graves, porque coa cualificación que lles da a condición de terroristas en todos os casos serán sancionados por penas graves, o que non pasaría sen esa cualificación terrorista.
Mais non remata aí a desaquelada expansión xurisprudencial que do terrorismo fai o TS. Porque, recoñecendo a ausencia de acción ningunha de Puigdemont en relación cos feitos obxecto de pescudas, considera que pode ser puníbel a omisión de dar a orde de evitar estes feitos… tendo en conta o liderado que-consideran-supostamente exercia sobre a suposta organización!
A doutrina do TS banaliza o fenómeno do terrorismo, que tantas mortes e dor causou en Euskadi, na Galicia, no conxunto do Estado e na Europa democrática e ofende ás vítimas dos delictos violentos da ETA, GRAPO e do terrorismo yihadista e de extrema dereita. Vítimas que, por desgraza, saben moi ben o que é e non é terrorismo.-
Mais o risco desta doutrina non remata en Puigdemont e no soberanismo catalán. Ao abeiro desta doutrina poderian alcumarse de terrorismo as recentes protestas dos agricultores en Bruxelas, París ou Zaragoza, os actos de desobediencia civil de Gandhi na India ou do arcebispo Tutu na Sudáfrica, Occupy Central en Hong Kong, Occupy Wall St. en New York ou mesmo as protestas desenvolvidas na praza do Obradoiro compostelán no decurso da visita da chanceleira alemã Angela Merkel ao entón primeiro ministro do Estado M. Rajoy (agosto 2014) . É dicir, é unha doutrina susceptíbel de limitar moi gravemente, criminalizándoo, o dereito da cidadania á protesta.


















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



