“O obxectivo é comezar a revitalizar o parque con obras programadas en diferentes fases”, explica a tenenta de alcaldía, Míriam Bermúdez
Viveiro, 2 de febreiro de 2024. A tenenta da alcaldía e responsable da área de Parques e Xardíns do Concello de Viveiro, Míriam Bermúdez, informa dos primeiros pasos de revitalización do parque Pernas Peón, “comezando polo arranxo do firme dos camiños, que irán en terra batida coa novidade de que irá apelmazada cunha leve forma de cunca, o que favorecerá a evacuación das augas mantendo o firme máis seco e cunha maior durabilidade dos camiños en bo estado”.
Tamén se aproveita para informar de que o Concello recibiu un informe de arbicultores especializados no que, tras visitar e inspeccionar o parque, recomendan unha reforestación do espazo, renovando varias das árbores existentes xa que algunhas se atopan en mal estado e noutros casos, como o pino de Monterrei, supón un perigo pola presenza da procesionaria aínda sen subsanar.
“En vindeiras datas lanzaremos un cuestionario para que a veciñanza poida participar da decisión dos futuros usos do Parque Pernas Peón”, engade Míriam Bermúdez.





















O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



