As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo participaron nun almorzo informativo en Ribadeo con medios de comunicación, onde fixeron unha valoración dos resultados
Lugo, 27 de febreiro de 2024. As catro deputadas electas do BNG pola provincia de Lugo, Olalla Rodil, Daniel Castro, Montserrat Valcárcel e Iago Suárez, participaron hoxe nun almorzo informativo cos medios de comunicación onde fixeron unha valoración dos resultados conseguidos polo BNG nas eleccións do 18 de febreiro, onde o BNG alcanzou un resultado histórico tanto a nivel galego como en Lugo. En toda Galiza, alcanzáronse preto de medio millón de votos, 155.000 máis que en 2020, colocando ao BNG cun grupo parlamentario de 25 integrantes, que ocupa un terzo do hemiciclo, mentres que tanto na provincia de Lugo como na cidade se conseguiu unha mellora notable. Na comarca da Mariña, o BNG aumentou máis de 2.000 votos con respecto ás últimas eleccións, e converteuse na forza que máis crece en toda a provincia de Lugo.
Daniel Castro afirmou que “desde o BNG traballaremos nunha opocición firme e constructiva, facendo propostas en positivo para mellorar a vida das galegas e galegos”, e engadiu “ofreceremos un modelo mellor para as galegas e galegos ao modelo que está a executar o PP desde os últimos 15 anos”. O deputado do BNG afirmou que para a Mariña, as liñas de traballo basearanse en reclamar ao goberno “máis industria, máis sanidade pública e máis infraestruturas”, poñendo fin ao abandono da comarca.
O BNG defenderá o mantemento dos postos de traballo en Alcoa a través dunha intervención pública da factoría, “trátase dunha industria vital para a Mariña e levamos 4 anos vendo como a multinacional segue sen garantir o futuro da planta”, afirmou Daniel Castro, que engadiu “traballaremos nun plan industrial específico para a comarca, evitando que A Mariña dependa só do turismo e dunha única factoría”.
Para a mellora das infraestruturas, o BNG reclamará á Xunta completar a VAP Costa Norte, que continúa sen estar rematada máis de 20 anos despois do inicio do proxecto, e reclamará ao Estado “as infraestruturas pendentes como o Dique Norte de Alcoa ou a A-74”.
No eido da Sanidade, o BNG reclamará a recuperación da área sanitaria da Mariña, e garantir o persoal suficiente en Atención Primaria “para garantir unha atención primaria útil para as veciñas e veciños”.
Segundo Daniel Castro, “despois destas eleccións queda claro que Galiza cambiou e que a alternativa ao PP é o Bloque Nacionalista Galego”. “A partir de agora nada será igual, hai unha cidadanía ilusionada, que ambiciona unha Galiza mellor, con mellores servizos públicos con máis oportunidades e máis dereitos, e imos construíla colectivamente ao longo destes catro anos”, afirmou Daniel Castro.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



