Mondoñedo, 21 de febreiro, 2024. O vindeiro venres, 23 de febreiro de 2024, darán comezo en Mondoñedo as “ExtraXVII Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño: Camiño de Santiago e Emigración. Homenaxe a Andrea López Chao”, cun ambicioso programa de actos que se estenderá ata os días 7 e 8 de marzo, e que terán lugar polas diferentes sedes previstas segundo esta orde: Mondoñedo, Ribadeo, Camouco (Ares), Vigo, Vilalba, Lugo e Madrid.
Os programas dos actos previstos son resultado do traballo dunha ampla comisión organizadora, presidida polo alcalde Mondoñedo, Manuel A. Otero Legide, e coordinada por J. Luís Fernández Ansedes, presidente da Federación Galega de Asociacións de Amigos do Camiño de Santiago (FEGAC) e da Asociación ‘Abrindo Camiño’.
Ao longo dos días previstos, as actividades tratarán, a través de diferentes relatorios e mesas-coloquio, sobre diversos temas, sempre co foco posto en asuntos relacionados cos camiños de peregrinación a Santiago en Galicia, España, Europa e América, así como coas problemáticas da emigración, especialmente das relacionadas coas mulleres migrantes. Amais, presentarase a publicación das actas da “ExtraXVI Xornadas do Peregrino Abrindo Camiño”, proxectarase o teaser “O poder de educar: Andrea López Chao”e gozaremos de concertos e outros complementos.
Homenaxe a Andrea López Chao
Nesta ocasión, homenaxéase á mestra mindoniense, Andrea López Chao, con motivo do 150 aniversario do nacemento desta muller galega que emigrou a Cuba a principios do século XX, país onde desenvolveu a súa actividade profesional e participou activamente na reivindicación dos dereitos das mulleres, especialmente na creación e posta en marcha, en beneficio das mulleres galegas emigradas a Cuba, da Clínica da Sociedade Hijas de Galicia que este ano cumpre cen anos desde a súa fundación. O venres, 23 de febreiro, colocarase unha placa na casa onde naceu Andrea López Chao en Mondoñedo.
Desde o pasado 11 de febreiro e ata o mes de novembro deste 2024 a Agrupación Sociedades Representativas de Municipios y Parroquias de Galicia xunto coa Cátedra Galega da Universidade da Habana organizan en Cuba diversos actos para conmemorar o Centenario da Clínica Hijas de Galicia (1924) e o 150 aniversario do nacemento de Andrea López Chao.
Institucións colaboradoras
É moi de agradecer o patrocino e colaboración das seguintes institucións: concellos de Mondoñedo, Vilalba, Ares e Ribadeo, así como o da Deputación de Lugo desde a súa vicepresidencia e área de Cultura, así como da S. A. de Xestión do Plan Xacobeo, Consello da Cultura de Galicia, AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria), Casa de Galicia de Madrid e Xunta de Galicia.
PROGRAMA
Mondoñedo, 23 de febreiro de 2024
Lugar: Auditorio Municipal Pascual Veiga (Mondoñedo)
Actividades:
-A narratio xacobea: Alberto Cacharrón Mojón
-Os camiños de Santiago na provincia de Lugo: Javier Gómez Vila e José Mª García Palmeiro.
-Coloquio Muller e Familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu: Patricia Arés Muzio, Prudencio Viveiro, Mª Xosé Porteiro e Antonio Reigosa.
-Presentación e entrega simbólica do libro de actas Camiño de Santiago e Emigración: Homenaxe a “Andrea López Chao”: Iria Castro, Daniel M. Vázquez.
-Inauguración dunha placa conmemorativa na casa natal de Andrea López Chao polo 150 aniversario do seu nacemento.
-Proxección do teaser do documental “O poder de educar: Andrea López Chao”: Violeta Ramos.
-Concerto de música galega e hispanoamericana a cargo da Banda Sinfónica Municipal de Ribadeo.
Representación institucional: Iria Castro; deputada da área de Cultura da Deputación de Lugo; Carmela López, alcaldesa de Burela e deputada de Economía da Deputación de Lugo; Manuel A. Otero, alcalde de Mondoñedo
Ribadeo, 24 de febreiro de 2024
Lugar: Escola Habanera da Devesa (Ribadeo) e Gran Teatro (Ribadeo)
Actividades:
-Visita á Escola Habanera da Devesa.
-Coloquio Muller e Familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu: Patricia Arés Muzio, Mª Xosé Porteiro, Prudencio Viveiro, Daniel M. Vázquez e Xosé Mª García Palmeiro.
-Proxección do teaser do documental “O poder de educar: Andrea López Chao”: Violeta Ramos.
-Concerto de música galega cubana pola Coral Polifónica de Ribadeo.
Representación institucional: Daniel Vega, alcalde Ribadeo.
Camouco (Ares), 25 de febreiro de 2024
Lugar: Agrupación Instrutiva de Camouco (Ares).
Actividades:
-Visita á Agrupación Instrutiva de Camouco.
-Coloquio Muller e Familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu: Patricia Arés Muzio, Mª Xosé Porteiro, Daniel García Fernández e Julio Díaz Sixto.
-Presentación e entrega simbólica do libro de actas Camiño de Santiago e Emigración: Homenaxe a “Andrea López Chao”: Daniel M. Vázquez.
-Proxección do teaser do documental “O poder de educar: Andrea López Chao”: Violeta Ramos.
Vigo, 27 de febreiro de 2024, 19:30h.
Lugar: Salón de actos da Escola Municipal de Artes e Oficios (EMAO)
Actividades:
-Mesa redonda: O papel fundacional das galegas no feminismo cubano. O caso sobranceiro de Andrea López Chao: Patricia Arés Muzio e María Xosé Porteiro.
Proxección do teaser do documental “O poder de educar: Andrea López Chao”: Violeta Ramos. Presenta e modera: Luísa Abad.
Acto organizado polo Ateneo Atlántico de Vigo.
1 de marzo de 2024
Lugar: IES Basanta Silva (Vilalba)
Actividades:
-Coloquio Muller e Familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu:
-Proxección do teaser do documental “O poder de educar: Andrea López Chao”: Patricia Arés Muzio, Prudencio Viveiro, Antonio Reigosa, Isidro Cillero e Elba Veleiro.
-Presentación e entrega simbólica do libro de actas Camiño de Santiago e Emigración: Homenaxe a “Andrea López Chao”: Daniel M. Vázquez.
-Xuntanza na Liga Santaballesa e visita as Escolas Habaneras da Terra Chá.
Representación institucional: Marta Rouco, alcaldesa de Vilalba e Iria Castro, deputada da área de Cultura da Deputación de Lugo.
5 de marzo de 2024, 20:00h.
Lugar: Deputación de Lugo (Lugo).
Actividades:
-Coloquio Muller e Familia: 100 anos entre a miña bisavoa e eu: Patyricia Arés Muzio.
-Presentación e entrega simbólica do libro de actas Camiño de Santiago e Emigración: Homenaxe a “Andrea López Chao”: Daniel M. Vázquez e Antonio Reigosa.
Representación institucional: Iria Castro, deputada da área de Cultura da Deputación de Lugo.
7 de marzo de 2024
Lugar: Casa de Galicia (Madrid).
Actividades:
-Presentación de la FEGAC (Federación Gallega de Asociaciones de Amigos del Camino de Santiago): J. Luís Fernández Ansedes, Javier Gómez Vila e Jacobo Pérez Paz.
-Coloquio Los Caminos de Santiago en España, Europa y América: Jorge Martínez Cava, Ildefonso de la Campa, Alberto Cacharrón Mojón y Xosé Mª García Palmeiro.
-Presentación del libro de actas Camino de Santiago y Emigración y proyección del teaser El poder de educar: Andrea López Chao: Violeta Ramos y Daniel M. Vázquez.
-Coloquio Las mujeres gallegas en la emigración a América: Andrea López Chao y el Centenario del Hospital de la Sociedad Hijas de Galicia: Patricia Arés Muzio, Elena Candia, Mª Xosé Porteiro y Ana Mª Rodríguez Rivas.
-Inauguración de la exposición O soño cunbano da emigración galega (Consello de Cultura de Galicia).
-Degustación de productos gallegos con D. O. e I. X. P . con la colaboración de AGACAL (Axencia Galega de Calidade Alimentaria): Xosé Mouriño Cuba.
Organización: Asociación ‘Abrindo Camiño’. Amigos do Camiño Norte de Santiago e Comisión ‘Homenaxe a Andrea López Chao’.




























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



