O BNG de Ribadeo quere mostrar o seu recoñecemento e gratitude ás 1562 persoas que depositaron a súa confianza na candidatura do BNG para as eleccións galegas celebradaso pasado domingo 18 de febreiro. “Os nosos resultados foron moi bos; non por iso deixamos de recoñecer que queriamos un cambio de rumbo para Galiza. Pero o resultado, con ser insuficiente, mostra ben ás claras o recoñecemento por parte da cidadanía galega á nosa capacidade de ilusionar e deseñar alternativas para un país mellor”.
“Conseguimos case un 30% de sufraxios a nivel local, en consonancia co resto do país. Cremos que o noso labor como principal partido da oposición ao goberno municipal viuse recoñecido nestas eleccións co apoio recibido. A través dos mitins feitos nas parroquias, e a través tamén dos contactos sectoriais feitos en todo o concello, puidemos unha vez máis contactar coa veciñanza e atender as súas demandas e inquedanzas, que non son poucas”.
“Seguimos escoitando valoracións encontradas á hora de cualificar a xestión do actual goberno municipal: a sensación de gasto desmedido vaise estendendo entre a veciñanza, por non falar das promesas incumpridas e da desatención de servizos básicos. E a xente está a preguntarse por que o goberno da Xunta segue sen cumprir coa promesa que o PP de Ribadeo fixo sobre os 700.000€ para a reforma integral do Hospital Asilo. Vaise contentar o alcalde de Ribadeo con felicitar o señor Rueda, ou vaille lembrar que ten que responder ante a cidadanía ribadense cumprindo a súa promesa dos 700.000€ para o Hospital Asilo?”.
“Ribadeo, e toda a comarca da Mariña, van ter unha presenza clara e firme da man do deputado Daniel Castro. A defensa da sanidade, dos nosos sectores produtivos, os nosos sinais de identidade, e a necesaria aposta pola Mariña en materia de infraestruturas van estar acotío no Parlamento de Galicia da man do ribadense elixido nas listas do BNG”.























A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.



