Lugo, 14 de febreiro de 2024. A cabeza de lista por Lugo ao Parlamento de Galiza, Olalla Rodil, mantivo na xornada de hoxe encontros con representantes do sector forestal, onde presentou as distintas propostas do BNG para este sector e os máis de 20.000 postos de traballo que xera na actualidade. “O sector forestal é un sector estratéxico para o presente e o futuro de Galiza”, explicou Olalla Rodil, que engadiu “ten un papel determinante en cuestións como a prevención de incendios e a loita contra o abandono das terras”. Olalla Rodil afirmou que “precisamos apostar por este sector e xerar maior riqueza, valor engadido e postos de traballo para sector industrial e forestal a través do peche ciclos productivos”, e engadiu “na actualidade, en Galiza prodúcese madeira que despois se transforma noutros lugares do estado ou de Europa, desde o BNG traballaremos para que esa transformación da madeira se realice na Galiza, creando novos postos de traballo para as nosas veciñas e veciños”.
Na actualidade, Galiza é a novena potencia europea en producción de madeira, e a provincia de Lugo acumula a metade das cortas de madeira de todo o País. O BNG propón fomentar a produción de madeira de calidade e do seu uso para carpintería, mobles e usos estruturais na construción, así como para a provisión de produtos biobaseados, como téxtiles, embalaxes, enerxía e mesmo a construción e electrónica, atendendo ao aumento da demanda de materiais e produtos naturais, renovables, sostibles e de baixo impacto ambiental. “A biomasa forestal, a madeira e os produtos e materiais derivados da madeira deben posicionarse para satisfacer as demandas da nova bioeconomía”, explicou Olalla Rodil.
A candidata do BNG afirmou que unha das liñas de traballo será “atraer e impulsar oportunidades de emprendemento local en base á valorización dos ecosistemas forestais autóctonos”. O BNG pretende visibilizar os distintos aproveitamentos ecosistémicos (almacenamento de carbono nos solos e vexetación), ambientais (biodiversidade, defensa contra o lume) e culturais apoiados en actividades da economía local. Ofertar produtos e servizos á sociedade mediante un modelo de xestión con rendibilidade económica, baseado nun monte con especies autóctonas, de crecemento máis lento, pero multifuncional e biodiverso.
A cabeza de lista do BNG por Lugo asegurou “este domingo as galegas e galegos decidimos o futuro do noso País, temos que saír a votar en masa porque Lugo pode ser a chave para que teñamos un goberno do BNG que deixe atrás os 15 anos de recortes e abandono do Partido Popular”. Rodil asegurou que “no BNG temos un proxecto claro para asentar poboación, garantir a dispoñibilidade de servizos e garantir a continuidade das empresas vinculadas ao medio rural”, e pediu o voto ao BNG “como garante do futuro de Galiza e dos nosos sectores productivos”.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



