A subdelegada do Goberno en Lugo realizou a lectura do manifesto polo 8 de marzo acompañada polas traballadoras e traballadores da administración
Lugo, 8 de marzo de 2024. A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, Isabel Rodríguez, realizou a lectura do manifesto con motivo do día do 8M, Día Internacional da Muller, acompañada por representantes das Forzas e Corpos de Seguridade e traballadoras e traballadores da administración.
A subdelegada recordou o informe elaborado polo Goberno no que se recolle que un total de 255 normas aprobadas entre xaneiro do 2020 e febreiro do 2023 tiveron un impacto positivo na redución da desigualdade entre homes e mulleres. “Esa segue sendo a liña de actuación para alcanzar a igualdade plena con políticas públicas que se vexan reflectidas no día a día das mulleres”. Malia isto, a subdelegada atestou que “aínda queda moito por facer, por exemplo, seguimos a ver como en Galicia a muller está a gañar un 19% menos que o home, un dos datos que nos indican que temos que seguir traballando por eliminar esa fenda.”
“Dende o Goberno estamos a ter un enfoque integral para solventar estas diferenzas a través do emprego, a conciliación, a representación paritaria, así como outras medidas que evidencian unha verdadeira aposta pola igualdade, posto que a única forma de progresar e materializar sociedades democráticas é investir nas mulleres”, afirmou Isabel Rodríguez en alusión ao lema elixido este ano polas Nacións Unidas.
A subdelegada do Goberno en Lugo salientou todos os pasos que se están a dar nos últimos anos a nivel nacional, como a reunión do Foro Social contra a trata con fins de explotación sexual ou a renovación do Pacto de Estado contra a Violencia de Xénero, apostando polo reforzo de medios e recursos e a incorporación dun cribado universal na atención primaria para a detección precoz da violencia contra as mulleres. Tamén mencionou o impulso lexislativo para a protección dos menores ante a pornografía ou a aprobación do proxecto de Lei orgánica de representación paritaria e presenza equilibrada de mulleres e homes, entre outras liñas.
Semana do 8M
Durante toda esta semana, a Subdelegación de Lugo uniuse á Delegación do Goberno e ás demais Subdelegacións na realización de actos polo 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Así, durante estes días tivo lugar a colocación da pancarta na fachada da Subdelegación, unha formación sobre o marco xurídico aplicable ás mulleres estranxeiras vítimas de violencia de xénero, a presentación dos Puntos Violetas nas oficinas do SEPE da provincia, charlas do Plan Director e a lectura do manifesto.



















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



