Riotorto, 25 de marzo de 2024. O BNG denuncia que “o centro de saúde de Riotorto non contará con atención médica ata o vindeiro 1 de abril”.
O grupo municipal advirte que se trata dunha situación “que se repite periodicamente ao non cubrirse as baixas ou vacacións do único médico de familia que atende o centro de saúde desde hai dous anos” e que “afonda no deterioro da atención primaria no concello desde que o Partido Popular suprimiu, de facto, unha das dúas prazas de medicina familiar coas que conta o centro de saúde”.
As nacionalistas critican a “inacción e o silencio do goberno municipal” que “colabora co desmantelamento do sistema sanitario público en lugar de defender o dereito das veciñas e veciños de Riotorto a unha atención sanitaria no seu concello”.
O BNG lamenta tamén “a falta de información á veciñanza xa que nin o Sergas nin o Concello comunican a falta de médicos, provocando que as persoas que acuden ao centro de saúde sen cita, se atopen alí sen a atención que precisan”.





















Por este motivo, o Concello recomenda ás persoas, colectivos e entidades que precisen facer uso dalgunha instalación municipal ou solicitar material que presenten as súas peticións coa antelación necesaria. A medida permitirá organizar adecuadamente a atención das solicitudes e a planificación dos recursos municipais.
O público poderá degustar embutidos de porco celta da gandería Celtagal, de Mondoñedo. O deputado de Rural Daniel García, Alba Fernández, da organización das festas, e Iván Rodríguez e Jose Barreira, representantes de Asoporcel, presentaron a iniciativa, que se inclúe no programa de fomento do consumo de razas autóctonas Un gusto de rural, un rural de gusto. O programa, posto en marcha en 2025 para socializar as calidades gastronómicas das carnes de razas autóctonas galegas con diferentes receitas, prevé este ano 37 degustacións en mercados, feiras e outras celebracións populares. Na organización, que conta coa colaboración das asociacións Puraga, Asoporcel e Boaga, prímase o emprego de materia prima de gandeiras e gandeiros locais.
O obxectivo é facilitar que os mozos e mozas que o desexen poidan facer uso destas instalacións. A medida permitirá empregar o campo para a práctica deportiva e para a organización de partidos informais durante o período estival. Desde o Concello de Viveiro sublíñase a importancia de ofrecer espazos deportivos accesibles durante as vacacións de verán e de favorecer hábitos de lecer activo entre a mocidade.
A convocatoria foi realizada polo Concello para amosar a solidariedade de Ribadeo con esta catástrofe natural.
No evento participarán todas as seccións da escola, que amosarán o traballo desenvolvido ao longo do ano. A entidade adianta tamén que está a ultimar os preparativos da XL Feira do Bonito, da que ofrecerá máis información proximamente.
Renova o seu compromiso co club despois de facerse cargo do equipo a mediados da campaña pasada. O técnico pontenovés afrontará este novo ciclo con traballo, compromiso e ilusión para seguir liderando a nave celeste.
O evento, organizado por O Arco da Vella coa colaboración do Concello de Barreiros e o CEIP San Miguel, contará coa participación dos grupos ACF Gamelas e Anduriñas de Espasante e O Arco da Vella de San Miguel de Reinante. Antes do festival haberá un pasarrúas con saída desde a Praza do Souto.



