Haberá tamén showcooking a partir das 12.00 horas na carpa da Praza dos Campos con degustación de ourizo cocido na carpa da man da asociación Mistura
Cervo, 16 marzo de 2024. A XXXI edición da Festa do Ourizo terá lugar o sábado 16 de marzo, en San Cibrao. Para este día están programadas diferentes actividades que terán ao equinodermo como protagonista.
A cita foi presentada pola rexedora, Dolores García Caramés, pola tenente alcaldesa Mali Méndez, e por representantes da hostalería local e da asociación Mistura, que participan neste evento declarado de Interese Turístico Galego.
Como en anteriores edicións, tamén se celebrará un concurso gastronómico que está aberto aos locais da hostalería de San Cibrao que participan na festa: O Noso Lar, As Titas, O Faro, A Bodega de Ana, Maruxaina e Aquelarre. O concurso será mañá mércores, 6 de marzo, na Casa da Cultura. Os participantes deberán entregar as súas propostas –dúas como máximo- ás 13:00 horas. O xurado, composto polo membro da asociación provincial de Cociñeiros de Lugo, Bruno Pena, polo vicedirector do IES de Foz Xosé Lois Ansemil e polo barista Iago Rivas, decidirá cales son as tres tapas gañadoras. A entrega de premios será ás 13:30 horas na mesma Casa da Cultura.
O día da Festa está previsto un showcooking a cargo dos membros da asociación provincial de Cociñeiros de Lugo, Bruno Pena, Martín Mantilla e Juan Rubiños, que elaborarán diferentes tapas en vivo e en directo, que o público presente poderá degustar a continuación. Ademais a asociación Mistura tamén ofrecerá desde o mediodía unha degustación de ourizo cocido na mesma carpa.
O día da festa os locais participantes ofrecerán a tapa do concurso e outras moitas variedades aos visitantes durante toda a xornada. Haberá folletos informativos nos que se especifican algunhas das tapas que se poderán probar, e que terán como denominador común o ourizo.
A xornada estará amenizada por diferentes agrupacións musicais, e xa pola tarde haberá pasarrúas da man de Louband Street Band e da charanga BB+.
Xa pola noite, desde as 23:00 horas a amenizará a velada a orquestra Funçao Públika na Praza dos Campos.
Desde o Concello de Cervo convidan a veciños e visitantes a participar nas diferentes actividades programadas con motivo desta festa declarada de Interese Turístico Galego desde o 2008.




















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



