Os populares salientan os problemas existentes na rúa Irmandiños, no barrio das “Casas Baratas”, na que os veciños están sufrindo unhas molestias que non se merecen
Foz, 13 de marzo de 2024. O PP de Foz denuncia as inxerencias do equipo de goberno respecto á xestión das obras neste concello e máis concretamente na rúa Irmandiños, no barrio das “Casas Baratas, onde máis problemas está a haber producindo serias molestias aos veciños que, en todo caso, non se merecen.
O voceiro popular, Javier Jorge Castiñeira, lembra que “as obras na rúa Irmandiños comezaron en xaneiro de 2023, que xa non empezaron ben ao non informar aso veciños, que comezaron por partes e, sobre todo, que teñen unha discontinuidade enorme que ninguén entende”
“Parece que so hai obras cando hai eleccións, cando lle interesa ao equipo de goberno ou cando fai falta para o Entroido ou para as festas do Carme, senón as obras están paradas como ocorre actualmente”, lamenta Jorge Castiñeira. Os populares non entenden porque se paran unhas obras para as cales se destinan máis de 700.000 euros de fondos públicos, 200.000 euros do Concello, e non saben como se están a xestionar.
Tres aparcadoiros e un parque totalmente ocupados
O PP tamén denuncia que hai tres aparcadoiros municipais e un parque público totalmente ocupados por escombros, maquinaria e material das obras.
Concretamente, un aparcadoiro que afecta á rúa Irmandiños coa rúa Curros Enríquez que está totalmente ocupado desde que se fixeron as obras; outro aparcadoiro, nas cercanías do Campo de Fútbol Martínez Otero e cunha capicade para 150 vehículos, está totalmente saturado por acopio de escombros, maquinaria e material da mesma obra; un aparcadoiro na Praza de Trégastel está absolutamente cheo de escombros; e o “Parque Branco”, na Praza de Galicia, está ocupado por casetas de obra.
“Independentemente da opinión que podamos ter sobre como está a quedar a humanización da rúa Irmandiños, é un auténtico despropósito a discontinuidade absoluta que está a ter esta obra e, polo tanto, reclamos ao equipo de goberno moita máis transparencia e axilidade e, sobre todo, que poña en servizo os aparcadoiros e o parque para todos os focenses”, remata o voceiro do PP de Foz.

























Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



