O PP de Lourenzá considera ao empresario “merecedor de dar nome a unha rúa, sen prexuízo de outorgar este mesmo recoñecemento a algún outro veciño do noso concello”
Lourenzá, 22 de marzo de 2023. A proposta do Grupo Municipal Popular de Lourenzá de que o Concello dedique unha rúa ao recoñecido empresario D. Ángel Hermida Seivane foi rexeitada no pleno cos votos en contra do equipo de goberno do PSOE e o BNG. Os concelleiros populares subliñan a “contradición” de ambas formacións; xa que no 2008 votaron a favor do seu nomeamento como Fillo Predilecto do Concello de Lourenzá, que saíu adiante por unanimidade.
Este “cambio de opinión” tamén se deu entre os membros do propio goberno; xa que a alcaldesa dixo que non lle corresponde ao Concello asignar rúas a ninguén e, posteriormente, foi corrixida por un compañeiro do equipo de goberno que rectificaba dicindo que “non é que non se poida facer, é que non o consideramos oportuno”.
Os populares inciden en que “D. Ángel Hermida Seivane sería merecedor de dar nome a unha rúa debido á súa importante pegada no ámbito empresarial que contribuíu á transformación e desenvolvemento económico do noso concello”. Así, lembran que “co seu esforzo conseguiu que a súa empresa e Lourenzá tiveran un lugar destacado na provincia”. De feito, chegou a crear 200 empregos na zona.
O PP laurentino ten claro que “o seu nome debería figurar nalgunha das rúas de Lourenzá, sen prexuízo de outorgar este mesmo recoñecemento a algún outro veciño do noso concello”. É máis, “oxalá pronto o Concello teña que conceder o título de Fillo Predilecto a algún laurentino ou laurentina”.






















O luns 30 de marzo ás 18:00 horas darán comezo as visitas guiadas polo casco histórico de Viveiro, conducidas polo historiador Xesús Martínez e organizadas polo CCHV coa colaboración da Xunta de Cofradías da Semana Santa. Antes da primeira visita, ás 17:30 horas, realizarase unha breve presentación na Praza Maior, diante da porta do Concello. No acto participarán José Veiga, en representación da Xunta de Cofradías, Cristina Rodríguez, presidenta do CCHV, e o propio Xesús Martínez.
O alcalde, Pedro Fernández, salientou o seu impacto turístico e deportivo. A edición inclúe un atractivo especial: a Concentración da Selección Española OPEN, que adestrará en Tapia do 1 ao 6 de abril. O Goanna Pro é a segunda proba da Liga PRO, garantindo un nivel competitivo máximo. Datas: Semana Santa 2026. Lugar: Praia de Anguileiro. Destacado: Concentración da Selección Española (1–6 abril).
O delegado destacou a consolidación do evento como referente cultural na Terra Chá. O festival contará con Caamaño & Ameixeiras, Ulex e La Txama, ademais de actividades lúdicas. A cita será no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
A mostra reúne unha ampla selección de obras inspiradas na vida, a paisaxe e a identidade mariñá. O acto inaugural celebrarase o domingo 29 de marzo ás 18:00 horas e contará cunha actuación especial da chelista Amanda López López.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.



