Os concelleiros do PP tamén propoñen “estudar a posibilidade de poñerlle o nome de Ángel Hermida Seivane á rúa na que está situada a antiga fábrica de Muebles Hermida”
Lourenzá, 6 de marzo de 2024. O Grupo Municipal do Partido Popular de Lourenzá vén de rexistrar unha proposta para que o Concello dedique unha rúa a Ángel Hermida Seivane, o empresario laurentino fundador de Muebles Hermida recentemente falecido.
Os populares cren que “a súa figura merece un recoñecemento xeral pola súa relevancia no ámbito empresarial que supuxo unha importante repercusión económica para o noso concello” que contribuíu “á súa transformación”. Pero, “non só o seu gran labor empresarial; senón tamén a súa vinculación persoal co seu pobo xustifican sobradamente que o seu nome figure no nomenclátor”.
Os concelleiros do PP destacan que “personifica o exemplo de empresario que con esforzo e bo facer fixo deste concello un lugar destacado na provincia de Lugo”. De feito, Ángel Hermida Seivane foi nomeado fillo predilecto do Concello de Lourenzá por unanimidade de tódolos grupos políticos que formaban a corporación no ano 2008, “un recoñecemento do que tamén dispón Fernández del Riego que xa ten unha rúa dedicada ao seu nome”.
Ángel Hermida Seivane foi tamén fundador da Confederación de Empresarios de Lugo, Medalla de ouro da CEL, Conselleiro da empresa Sermu S.A, de Electromecánicos Viveiro S.A. e de Prourba S.L.
Polo tanto, dende o PP local fan esta proposta co obxectivo de “facer visible o recoñecemento social á súa figura cuxa traxectoria merece permanecer no recordo dos laurentinos”.
Os populares propoñen que o Concello estude a posibilidade de darlle o nome de Ángel Hermida Seivane á rúa na que está ubicada a antiga fábrica de Muebles Hermida, coñecida na actualidade como Carretera de Masma.





















Na presentación participaron o delegado territorial Javier Arias e o deputado de Rural Daniel García, que puxeron en valor a tradición e o traballo das filloeiras. A organización prevé poñer á venda 18.000 filloas, incluíndo opcións sen glute, e o recinto feiral acollerá artesanía, música, obradoiros e a entrega dos premios do concurso escolar. O xornalista David Valverde Cabaleiro será o pregoeiro. A Vicepresidencia da Deputación colabora coa actuación de Nubeiro e cunha degustación de xamón de porco celta a través do programa Un Gusto de Rural. Arredor de 150 persoas participarán na organización ao longo da xornada.
A reorganización dos espazos —stands na Praza do Casino e presentacións no Cine Fantasio— foi clave para o éxito. A concelleira de Cultura, Patricia Rodríguez, destacou a boa acollida e a resposta do público, valorando moi positivamente o novo formato.
Estivo organizada polo Motoclub Os de Sempre, que reuniu este fin de semana a centos de participantes chegados de Galicia, Asturias, León e o Bierzo. O programa incluíu unha ruta nocturna en homenaxe aos moteros falecidos, ademais de momentos de convivencia en comidas e actuacións musicais dos grupos Primera Línea e Malditos Pendejos. Na entrega de trofeos participaron o alcalde de Ortigueira, Valentín Calvín, e a concelleira Isabel Rego.
Destacou o seu valor como punto de encontro e motor económico e cultural da comarca. Arias puxo en valor o labor do Concello por manter eventos de referencia como a Moexmu, esta feira e a próxima Festa da Filloa, que contribúen a promover o sector agrogandeiro e a tradición galega.
A concelleira de Cultura, Ana Cartelle, destacou que “es un privilegio para Ortigueira contar con una formación de la talla de Qvinta Essençia”, e subliñou que o concerto ofrece “una oportunidad única para disfrutar de una música que en su día fue la vanguardia de las cortes europeas”. O recital propón unha viaxe pola lírica e a música do Renacemento, con obras de Guerrero, Morales ou Vázquez e textos de Garcilaso, Boscán ou Lope de Vega.
Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.



