“Non podemos consentir, indica Gueimunde, que o Concello lle minta así á xente” e insta aos dirixentes municipais a “pedir desculpas publicamente a todos os veciños e veciñas que participaron e fixeron as súas aportacións. Non se merecen que se lles minta, nin se lles faga perder o tempo”, conclúe
Viveiro, 15 de marzo de 2024. O Grupo Municipal do PP de Viveiro advirte que o goberno local engana aos veciños con respecto á reforma do parque Pernas Peón. Proba delo é que os traballos, segundo desvelan os populares, xa levaban “contratados e atados” un mes cando o Concello abriu o proceso de consulta veciñal para definir os usos e servizo destas instalacións.
Para a voceira desta formación, Mariña Gueimunde, este proceder “é unha falta de respecto aos vivairenses” e relata a cronoloxía:
– 6 de febreiro, a entidade local solicita presuposto por valor de 1.012 euros para a pintura da área de basket e uns tableiros de xadrez a dúas cores sobre as mesas de pedra.
– 7 de febreiro, apróbase a proposta de gasto.
– 8 de febreiro, o Concello contrata os traballos indicados no presuposto solicitado.
– 16 de febreiro, o goberno local inicia a consulta cidadá.
– A pasada fin de semana, a entidade local dá a coñecer os resultados. Entre as peticións realizadas pola cidadanía inclúense un circuíto multidisciplinar, un parque de calistenia ou unhas canastras.
O GOBERNO LOCAL TEN QUE PEDIR DESCULPAS
“Parécenos unha tomadura de pelo. Non se pode consentir, indica Gueimunde, que se lle minta así á xente. Non podemos quedarnos calados ante un engano deste tipo: solicitan a participación cidadá cando xa tiñan todo definido”.
Neste senso, dende o PP consideran que o goberno local “debe pedir desculpas publicamente a todos os veciños e veciñas que participaron e que fixeron as súas aportacións. “Non se merecen que se lles minta, nin se lles faga perder o tempo, bastante templeza están amosando coas cousas que están a acontecer”, conclúen os populares.
“Cando no contrato menor falaban de preparación da zona para o deporte, o goberno encargaba o pintado das mesas con taboleiros de xadrez. Agora entendemos o desapego que ten co deporte e a falta de compromiso coas instalacións deportivas municipais que agonizan mentres xogan ao despiste e confunden á cidadanía por non ter a valentía suficiente para dar a coñecer as súas erráticas decisións e tapar así a mala xestión con anuncios prefabricados para facer ver que fan”, sentencia Gueimunde.























No acto, o autor estará acompañado por Xosé Ramón Veiga, profesor de Historia Contemporánea na USC, e por Francisco Villamil, profesor de Ciencia Política na Universidade Carlos III. A Galicia moderna (1880-1939) desmonta a visión tradicional dunha Galicia rural, atrasada e pasiva no cambio de século, e amosa a profunda transformación económica, agraria e social que viviu o país nese período.
No acto intervirán o autor e Xoan Ramón Fernández Pacios, cronista oficial de Foz. A actividade está organizada pola Federación de Librarías de Galicia en colaboración co Concello de Foz.
Villares visitou a exposición fotográfica dedicada a Calvo-Sotelo, instalada na praza de Pancho Maseda, que forma parte do programa conmemorativo do centenario. A mostra reúne unha selección de imaxes seleccionadas pola propia familia do expresidente para achegar á cidadanía diferentes momentos da súa traxectoria persoal e política. A conmemoración, que se estende ao longo de todo 2026, busca poñer en valor a figura de Calvo-Sotelo e a súa relación con Ribadeo, onde deixou unha importante pegada vinculada, entre outras cuestións, ao impulso de infraestruturas.
Durante case dúas horas desenvolveuse unha conversa aberta arredor do mundo do espírito e do contido da obra, nun encontro ao que asistiu un grupo numeroso de persoas dispostas non só a escoitar, senón tamén a dialogar e compartir reflexións. Tras a intervención inicial de Pepe Peinó como responsable do proxecto, tomou a palabra o escritor Lionel Rexes, quen achegou novas perspectivas antes de abrir o debate ao público. As opinións, argumentos e matices sobre relixión, espiritualidade, Deus e os valores que sustentan a convivencia foron enchendo o espazo nun ambiente participativo e respectuoso, no que as diferenzas quedaron en segundo plano fronte á forza do diálogo, a solidariedade e o afecto.
O alcalde, Dani Vega, fixo un balance moi positivo: “foi un concerto moi especial nun marco espectacular, como é a igrexa parroquial de Ribadeo, e no que o gaiteiro Carlos Núñez encandilou aos asistentes co seu repertorio. Todos os asistentes disfrutámolo moito”. Xunto a Carlos Núñez estiveron o rexedor e as concelleiras de Cultura, Turismo e Seguridade, Begoña Sanjurjo, Marta Saiz e Montse Seijo.
A iniciativa xurdiu co obxectivo de xuntar o alumnado que coincidira na EGB, pero axiña se ampliou a todas aquelas persoas que compartiron pupitres e amizades tamén no instituto.
O público, totalmente entregado de principio a fin, amosouno cos intensos e prolongados aplausos que acompañaron toda a actuación. Ao remate, os asistentes expresaron o seu desexo de poder gozar no futuro de novos concertos do artista, que sen dúbida volverán entusiasmar ao público.



